O posicionamento SEO (acrónimo de Search Engine Optimization, ou optimización de motores de busca) consiste nunha serie de estratexias destinadas a aumentar a cantidade e calidade das visitas a unha páxina web. Conséguese facendo que a web apareza entre os primeiros resultados ofrecidos polos buscadores, como Google, Yahoo ou Bing.
Actualmente o buscador máis utilizado do mundo e Google, obtendo un 92% de tódalas buscas mensuais, mentres que si cambiamos a dispositivos móbiles Google acada o 99% das mesmas.
Noutras palabras, consiste en facer que os usuarios de Internet atopen unha páxina web cando buscan a información que contén.
O posicionamento SEO tamén se coñece como posicionamento orgánico e, a diferenza doutras estratexias, a súa aplicación é gratuíta. É dicir, a diferenza do que ocorre en SEM (Search Engine Marketing ou mercadotecnia en buscadores), non ten que pagar aos motores de busca para que aparezan neles nunha posición destacada. Por suposto, tes que ter os coñecementos necesarios para conseguilo.