Que é o crédito publicitario de Google Ads para pemes e outros recursos de Google para afrontar o novo consumo dixital?

Que durante o confinamento a vida volveuse dixital foi unha realidade. Pero non só iso, os datos falan de que a pandemia acelerou a dixitalización das empresas ata 5 anos.  Para afrontar as consecuencias da covid-19, Google ofrece un crédito publicitario de 340 millóns de dólares para promocionar empresas que teñan contas activas en Google Ads durante o último ano.

 

Ten a miña empresa dereito a este crédito?

Este crédito só está dirixido a pemes que rexistraron gastos en dez dos doce meses de 2019 e en xaneiro ou febreiro deste ano. Durante os próximos meses, as contas que cumpran estas características e poidan beneficiarse do crédito recibirán unha notificación para poder obtelo.

 

Como se executa o gasto de crédito?

Este crédito publicitario só se pode utilizar para cubrir gastos futuros de Google Ads. Pódese usar en toda a plataforma Google Ads, incluída a rede de busca, a rede de visualización e YouTube, así como en todo tipo de campañas.

 

Canto tempo teño que usar o crédito?

Este crédito publicitario pódese usar durante todo o ano, ata o 31 de decembro de 2020. Despois desa data, o crédito publicitario caducará e o importe restante desaparecerá da conta de Google Ads.

Ademais deste crédito, Google ofrece outros recursos para apoiar aos negocios na súa presenza dixital. Aproveita todos os recursos na rede para mellorar a túa dixitalización.

 

Categorías: Coñecemento.