Que aspectos debo ter en conta para negociar co meu banco?

Deben elixirse varias entidades para solicitar a información, e solicitarase reunión presencial.  A partir da mesma expoñerase a operación, situación da empresa e datos relevantes.  Non importa que non coñezamos de memoria todos os datos.  O que é importante é non dicir unha cousa por outra, e asegurarse da información facilitada.

Posteriormente o habitual é que a entidade solicite información, da que a maioría xa dispoñeremos porque a preparamos antes.  Iso achega credibilidade e seriedade no proceso.  E por suposto, sempre brindarnos a colaborar e aclarar calquera punto da mesma.

Finalmente unha última recomendación:  Se nos din que non, preguntemos porqué.  A diagnose realizárona e pode sernos útiles para adoptar medidas posteriores de mellora.  Debemos evitar pecharnos portas porque esa negociación non saíse ben.  Teremos máis oportunidades e haberá que coidar a relación coa entidade sexa cal for o resultado.

Se necesitas asesoramento, sen custe, para o teu negocio neste aspecto, só tes que solicitalo a través do formulario do Igape Responde.

Categorías: Coñecemento.