Novo Plan de rescate da Xunta para persoas traballadoras autónomas e micropemes afectadas pola covid-19

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou  a convocatoria da liña xenérica de axudas –dirixida a autónomos e microempresas– do segundo ‘plan de rescate’ que a Xunta lanzou para os empresarios máis afectados polas restricións por mor da covid-19, co foco especialmente na hostalería. As axudas poderanse pedir desde este venres e durante o prazo dun mes. AQUÍ podes consultar os detalles da orde.

-Programa I de apoio ás persoas traballadoras autónomas (TR500A)

PERSOAS BENEFICIARIAS:

Todas as persoas traballadoras autónomas de alta no RETA o no réximen de traballadores do mar por conta propia e que teñan o domicilio fiscal en Galicia, incluidos os autónomos societarios que tivesen unha alta anterior ao 30.3.2020 e que acrediten unha baixada de facturación de, polo menos, o  45 % nos términos establecidos no artígo 19.3.

Tamén poderán ser beneficiarias as persoas traballadoras autónomas de tempada, coas limitacións establecidas na orde.

CONTIA DAS AXUDAS

  1. a) 1.200 € para as persoas que acrediten unha baixada de facturación entre o 45 % e 60 %.
  2. b) 2.000 € para as persoas que acrediten unha baixada de facturación de máis dun 60 % e de menos do 70 %.
  3. c) 3.000 € para as persoas que acrediten unha baixada de facturación igual o superior ao 70 %.

Para as persoas autónomas de tempada, os importes da axuda serán do 50 % das cantidades indicadas no apartado anterior.

A baixada de facturación  calcularase de maneira xeral comparando os datos de facturación anual de 2020 cos de 2019.

Excepcionalmente, contemplánse outros parámetros establecidos na orde para os seguintes supostos:

  1. a) Persoas autónomas de tempada,
  2. b) Para as altas o empresas creadas ao longo do ano 2019
  3. c) Para as altas o empresas creadas dende o 1.1.2020 ao 31.3.2020

OBRIGAS:

As persoas traballadoras autónomas beneficiarias da axuda deben manterse de alta no RETA o no reximen de traballadores do mar como traballadores por conta propia durante un tempo mínimo de dous meses dende a publicación desta orden de convocatoria no DOGA.

 

-Programa II de apoio a micropemes para o mantemento do emprego e da actividade económica (TR500B)

BENEFICIARIAS:

 Persoas traballadoras autónomas, as micropemes e, excepcionalmente, as pemes, sempre que teñan persoal contratado por conta allea ao seu cargo e  tivesen unha baixada de facturación de polo menos o 45 %.

Así como ter domicilio fiscal en Galicia.

CONTÍA DAS AXUDAS

  1. a) 4.000 € para as persoas o entidades que acrediten unha baixada de facturación de entre o 45 % e 60 %.
  2. b) 5.000 € para as persoas o entidades que acrediten unha baixada de facturación de máis dun 60 % e de menos do 70 %.
  3. c) 6.000 € para as persoas o entidades que acrediten unha baixada de facturación igual o superior ao 70 %.

 

A baixada de facturación se calculará de xeito xeral comparando os datos de facturación anual do ano 2019 cos do no 2020.

Excepcionalmente, se contemplan outros parámetros para os seguintes supostos:

  1. a) Para as altas o empresas creadas ao longo do ano 2019
  2. b) Para as altas o empresas creadas dende o 1.1.2020 ao 31.3.2020

Dita cantidade se incrementará ata 3.000 € en función do número de persoas traballadoras por cuenta allea que teñan no momento da publicación da orden, segundo a seguinte escala:

  1. a) 1.000 € se teñen de 4 a 9 persoas traballadoras.
  2. b) 2.000 € se teñen de 10 a 20 persoas traballadoras.
  3. c) 3.000 € se teñen de 21 a 25 persoas traballadoras.

OBRIGAS:

As persoas beneficiarias deberán manter a actividade económica así coma o emprego durante 6 meses dende a data de publicación no Diario Oficial de Galicia desta orden de axudas.

Non se considerará incumplido dito compromiso cando o contrato de traballo se extinga por despido disciplinario declarado como procedente, dimisión, morte, xubilación o incapacidade permanente total, absoluta o grande invalidez da persoa traballadora, nin polo fin do chamamento das persoas con contrato fixo-discontinuo, cando este non supoña un despido sino unha interrupción do mesmo.

Se necesitas asesoramento, sen custe, neste ámbito podes solicitalo a través do formulario do Igape Responde. 

 

 

Categorías: Artigos.