Para a miña empresa, que tipo de CRM sería o máis axeitado?

Aínda que os pasos para a súa implementación son comúns a case todos os CRM debemos ter presente cal é a finalidade da súa implantación na nosa empresa, xa que existen diferentes tipos de software segundo o obxectivo do mesmo:

  1. CRM Colaborativo: fai un rexistro das interacción dos clientes en todas as canles de comunicación. O seu fin é mellorar a relación entre usuario e empresa, polo que é adecuado para empresas centradas na atención ó cliente como Call Centers ou empresas de soporte.
  2. CRM Analítico: como o seu nome indica, fai unha análise da toda a información de clientes actuais, pasados e posibles, e clasifica ós clientes por perfís asociados a patróns de conducta nas vendas, facendo coñecedora á empresa do que buscan e centrar esforzos nos contidos que os clientes prefiren. O seu manexo é un pouco mais complexo, pero é moi interesante en empresas grandes con grandes bases de datos de anos anteriores e que realicen fortes campañas de marketing.
  3. CRM Operativo: é o mais empregado nas empresas xa que engloba e centra os seus datos nas relacións básicas dos clientes, recompilando información asociada ó marketing, á venda e ó servizo de atención ó cliente. Son especialmente útiles para xestionar o mail marketing e realizar labores comerciais ou de postventa e atención ó cliente, e o seu obxectivo é vender mais e mellorar a comunicación entre o equipo de traballo. Está enfocado a equipos comerciais pequenos e medianos.

 

Podes atopar máis información ampliada no artigo publicado na web de Igape Responde.

Categorías: Coñecemento.