Onde atopo información sobre os trámites para emprender un negocio? 

Aínda que cada proxecto é único, dende o Igape proporcionamos unha serie de guías que poden ser de axuda nos primeiros pasos, e sobre todo para coñecer o alcance dos trámites iniciais dos negocios segun o sector ou tipoloxía. 

Na seguinte ligazón, podes atopar unha serie de catálogos por sector ou tipoloxía de negocio, nos que atoparás tanto esquemas do proceso de emprendemento como os principais trámites e permisos precisos para a súa posta en marcha: 

https://galiciaempresa.xunta.gal/catalogos 

 

En calquera caso, se tes algunha dúbida, podes facer a túa consulta a través do noso formulario. 

Categorías: Coñecemento.