Como escoller un bo nome para a miña empresa?

Non hai unha fórmula acertada, pero é importante que te asegures de que sexa fácil de pronunciar e recordar.

Evita nomes que poidan ser confundidos con outros xa existentes e considera o enfoque e a imaxe que queres transmitir co teu nome.

Por último, e sempre antes de comezar a traballar na imaxe corporativa, é importante que realices unha consulta de dispoñibilidade do teu nome de empresa no rexistro.

Se tes algunha dúbida, podes consultarnos a través do formulario do Igape Responde. 

Categorías: Coñecemento.