Como analizo a viabilidade do meu negocio?

Dentro do Plan de Empresa, deberás ter en conta diferentes aspectos que darán información relevante sobre as necesidades e potencial do negocio, e que ademais, facilita a presentación do proxecto a través de 5 liñas básicas que debes ter en conta:

  1. Viabilidade técnica e organizativa: fai alusión aos materiais e recursos humanos que preciso para fabricar ou desenvolver a miña actividade.
  2. Viabilidade legal: analiza os aspectos legais e normativos precisos para iniciar e desenvolver a actividade.
  3. Viabilidade comercial: análise dos potenciais clientes, o buyer persoa.
  4. Viabilidade económica: prezos, custos, e fontes de ingresos.
  5. Viabilidade financeira: recursos económicos dispoñibles e precisos para a posta en marca e a continuidade.

Se tes dúbidas, podes facer a túa consulta a través do formulario do Igape Responde. 

Categorías: Coñecemento.