En pleno século XXI, para unha empresa ter presenza na internet é fundamental, independentemente de cal sexa o seu tamaño e sector de actividade. O que ata hai non moito tempo era unha opción, actualmente é unha necesidade. Con todo, non é suficiente con estar na internet, senón que hai que destacar no ámbito dixital. E, para iso, saber elixir un aloxamento para a túa web é un aspecto de vital importancia (xunto coa elección do teu dominio).
Espazo dispoñible
Esta é, sen lugar a dúbida, unha das principais claves que debemos ter en conta á hora de seleccionar un bo aloxamento web, sobre todo en caso de servidores compartidos. En función do tamaño do proxecto e do volume de tráfico web esperado necesitarás un determinado espazo ou outro. O mellor é que o plan de aloxamento web que escollas sexa ampliable, de modo que poidas aumentar o espazo en calquera momento se o necesitas.
Servizo técnico
Outro dos aspectos importantes ten que ver co aspecto técnico, o cal debe ser persoal e, ademais, estar dispoñible as 24 horas do día, os 365 días do ano. Así, se por calquera motivo ocorrese unha caída ou problema co servidor, podes ter a plena seguridade de que o incidente quedará resolto en pouco tempo.
Copias de seguridade
Os ciberataques son cada vez máis frecuentes e sofisticados. Aínda que non hai ningún método 100% infalible para protexer o teu sitio web deles, si existen distintas ferramentas para minimizar o seu efecto. É por iso polo que resulta fundamental que o aloxamento web realice copias de seguridade periódicas de toda a información almacenada no sitio. Así, en caso de sufrir un ciberataque, podes recuperar todos os teus datos.
Dominio e subdominio
Outro punto que debes coñecer ao detalle é a dispoñibilidade tanto de dominios como de subdominios dispoñibles no servizo. Isto é moi importante se por exemplo vas abrir unha tenda en liña vinculada á web do teu negocio. Por suposto, todo depende en gran medida de cales sexan as túas necesidades, ollo tanto presentes como futuras.
Panel de control
E, por último, tes que valorar se o panel de control que che ofrece o servizo de aloxamento web é fácil e rápido de manexar. Debes comprobar se realmente é intuitivo e se che vai a permitir unha xestión máis áxil e eficiente. Non esquezas que o panel de control é o corazón da páxina web, dende o que controlas todo: contidos, contas de correos, dominios e subdominios, bases de datos, etc.
Se necesitas asesoramento gratuíto neste aspecto, só tes que solicitalo a través do formulario do Igape Responde.