Cando é o mellor momento do ano para abrir un negocio?

A planificación previa é o máis importante, polo tanto, para facer a apertura do teu negocio no mellor momento, tes que prepararte. En que consiste esa preparación? Pois en coñecer moi ben cal é a demanda do que vas ofrecer e tamén os competidores aos que te vas enfrontar. Polo tanto, debes facer un estudio da estacionalidade concreta do teu produto.

Por outra parte, contar cunha páxina web, buscar financiamento ou ter claros todos os trámites que debes realizar antes de abrir son aspectos que debes ter moi en conta.

Se tes máis dúbidas, podes consultarnos directamente a través do formulario do Igape Responde. 

 

 

Categorías: Coñecemento.