O máis lido no 2022: O meu plan de empresa, que información debe incluir?

O plan de empresa é o documento que recolle todos os detalles dunha organización. É a ferramenta que deseña, identifica e describe cada unha das áreas necesarias para que o proxecto funcione; á súa vez, detecta posibles fallas futuras.

En liñas xerais, o teu plan de empresa debe incluir:

  • resumo executivo
  • presentación do teu proxecto
  • a análise do mercado
  • a descrición dos teus produtos ou servizos
  • marketing e comercialización
  • infraestruturas, produción e loxística
  • organización e recuros humanos
  • aspectos formais do proxecto
  • plan económico e financeiro

Se queres recibir asesoramento gratuíto, para concretar o teu plan de empresa, podes solicitalo a través do noso formulario. 

Por outra parte, se queres profundizar nesta temática, tes dispoñible na nosa canle de YouTube a xornada Como elaboro o meu plan de empresa? 

 

Categorías: Artigos.