Cales son as medidas especiais mínimas de prevención fronte á covid-19 no meu negocio?

Se o teu negocio non está localizado nun municipio con restricións e medidas especiais de prevención fronte á covid-19, estas son as medidas mínimas de hixiene e prevención que deben cumprir todos os negocios.

LIMPEZA E DESINFECCIÓN:

  • Adopción de medidas de limpeza e desinfección adecuadas ás características e intensidade de uso dos establecementos, locais, instalacións ou espazos, prestando especial atención ás zonas de uso común e ás superficies de contacto máis frecuentes e estendendo as medidas de limpeza a zonas privadas dos traballadores, tales como vestiarios, armarios, aseos, cociñas e áreas de descanso.
  • Hixienización dos postos de traballo compartidos por mais de unha persoa traballadora.
  • Desinfección despois de cada uso dos materiais que sexan subministrados aos usuarios durante o desenvolvemento da actividade e que sexan de uso compartido.
  • Lavado e desinfección regular de uniformes e roupa de traballo.
  • Os equipamentos e ferramentas deberán ser uso persoal e intransferible. No caso daqueles equipamentos que deban ser manipulados por diferente persoal, procurarase a dispoñibilidade de materiais de protección ou o uso de forma recorrente de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con carácter previo e posterior ao seu uso.

VENTILACIÓN:

  • Ventilación periódica das instalacións e, como mínimo, de forma diaria e durante o tempo necesario para permitir a renovación do aire.

DISNTANCIA E OCUPACIÓN:

  • Distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros ou, na súa falta, medidas alternativas de protección física.
  • A ocupación máxima para o uso dos aseos, vestiarios, probadores, salas de lactación ou similares de clientes, visitantes ou usuarios será dunha persoa para espazos de ata catro metros cadrados, salvo naqueles supostos de persoas que poidan precisar asistencia; nese caso tamén se permitirá a utilización por parte do seu acompañante. Para aseos de máis de catro metros cadrados que conten con máis dunha cabina ou urinario, a ocupación máxima será do cincuenta por cento do número de cabinas e urinarios que teña a estancia, e deberá manterse durante o seu uso a distancia de seguridade interpersoal. Deberá reforzarse a limpeza e desinfección dos referidos espazos garantindo sempre o seu estado de salubridade e hixiene.
  • Utilización preferente das escaleiras fronte ao ascensor ou montacargas. Cando sexa necesario utilizar o ascensor ou montacargas, a súa ocupación máxima será dunha persoa, salvo que se trate de persoas conviventes ou que empreguen máscaras todos os ocupantes.

OUTRAS:

  • Posta a disposición dos usuarios de papeleiras para depositar panos e calquera outro material desbotable, que se deberán limpar de forma frecuente, e, polo menos, unha vez ao día.
  • Promoción o uso da tarxeta como medio de pago ou calquera outro que non supoña contacto físico entre dispositivos.
Categorías: Coñecemento.