Cal é o primeiro paso que debo dar para crear a miña empresa?

O primeiro é ter a idea, pero acto seguido, debe madurarse e traballarse en profundidade a través do Plan de Empresa.

Este documento, tamén chamado Modelo de Negocio, plasmará a planificación e avaliación do desenvolvemento da actividade empresarial, e será unha ferramenta de reflexión sobre aspectos organizativos ou recursos precisos, e ter un escenario de previsión das necesidades da actividade.

Tamén permite ter a información global do noso negocio estruturada e garante a imaxe e profesionalidade na súa presentación a terceiras persoas.

Categorías: Coñecemento.