Tres sistemas de planificación e programación da produción. Parte 4

As metodoloxías clásicas de planificación e programación con lotes mínimos e previsións de venda producen, ademais, stock bimodal. Isto quere dicir que producen grandes cantidades de stock dunhas referencias, mentres outras quedan en rotura e ademais vanse tornando as que temos exceso coas que rompen stock. Isto prodúceo o propio nerviosismo do MRP, que xa se comentou no artigo anterior, na utilización de lotes que nunca se cuestionan e no uso de previsións como ferramenta produtiva fundamental.

Simplificando, a distribución de stocks é como se mostra na figura. Temos unha zona vermella de “demasiado pouco” na que rompemos e temos unha chamada de comercial para gritar e queixarse con razón, e outra zona vermella de “demasiado stock” onde usamos demasiados recursos económicos, espazo, etc. e temos unha chamada de financeiro para gritar e queixarse con razón tamén. Como non queremos ter chamadas, o sitio onde debemos movernos é en puntos intermedios, eso sería o “”máis correcto”” (con moitas comillas) no contexto actual (liña continua verde), máis a realidade é moi distinta, a realidade é que temos demasiado stock de moitas referencias e rotura doutras moitas, o que produce unha distribución coma se mostra na línea vermella discontinua denominada distribución bimodal del stock. Este mal padéceno case tódalas empresas que usan MRP.

As consecuencias desta distribución bimodal do stock son:

  1. Teño demasiado stock. Mais para iso témola solución!! Nos mentimos e tan felices que para eso se inventaron as medias. Se teño distribución bimodal e polo tanto moito dalgunhas referencias e rotura doutras, ou se paso constantemente de rotura a demasiado stock e de demasiado stock a rotura, pois fago a media e xa estou ben de stock e na mentira das medias viven máis empresas das que nos podemos imaxinar. Miran a media e din “teño 21 días de stock. Estou moi ben”. Non, tes 4 meses de stock dalgunhas referencias por momentos e outros tantos meses en roturas acumuladas de stock doutras referencias o desas mesmas referencias noutros momentos.
  2. As entregas non saen a tempo e para que saian, tarde mais non moi tarde, hai que facer horas extras, vir os sábados, etc., pese a que hai en teoría “21 días de stock”.
  3. Uso frecuente de transportes urxentes e aínda así envíanse pedidos parciais o cliente, novamente pese a ter “21 días de stock”.

 

Como resumo, MRP é inapropiado como método de planificación e programación de produción e aprovisionamentos si:

  1. No teu sector o cliente non está disposto a esperar polo produto. MRP necesita lead times maiores.
  2. Fabricas bastante variedade de produtos e os seus árbores teñen solapamento (produtos intermedios compartidos entre varios produtos terminados). Neste caso calquera cambio propagase a tódalas programación da produción e aprovisionamentos e as cambia de forma drástica.
  3. Os teus procesos teñen unha árbore de procesos profunda, hai materiais que pasan por bastantes procesos. A propia transmisión e amplificación da variabilidade en procesos dependentes push provocará que non sexa posible cumprir a programación, e ó cambiar cantidades en produtos intermedios, cambiarase absolutamente tódalas programación.
  4. Na túa empresa realízanse cambios na programación de artigos frecuentemente (por algunha avaria, defectos de calidade, pedido urxentes, etc.), e xa vimos o efecto que teñen na programación da produción e aprovisionamento o cambio dun so produto.
  5. As previsións de venda que podes facer non son exactas (a exactitude de previsións é fundamental o usar sinais de demanda non cualificada como base importante da planificación e programación da produción e aprovisionamentos.

 

As dependencias totais foron o gran poder do MRP para protexer e promover o fluxo de materiais relevantes e información relevante no entorno para o que foi creado, mais hoxe en día, ese mesmo sistema de dependencias totais é o gran hándicap do MRP co convirte nun sistema nervioso e incontrolable na maior parte dos sectores.

 

Categorías: Artigos.