Tres sistemas de planificación e programación da produción. Parte 1

Con este artigo iniciamos a análise dos 3 sistemas principais de planificación e programación da producción, se ben cabe indicar que os 3 sistemas son moito máis amplos, ímonos centrar só na parte de como planifican e programan a producción MRP, Lean e DDMRP, na súa visión máis extrema para facer máis patente, se cabe, as diferenzas.

Obviamente o obxectivo de calquera sistema de planificación e programación da produción é a PROTECCIÓN E PROMOCIÓN DO FLUXO DE MATERIAIS RELEVANTES E INFORMACIÓN RELEVANTE. Nesta primeira parte centrarémosnos en definicións básicas para entender o seguinte artigo e unha pequena tabla preliminar.

Definicións:

  • Materiais relevantes: Son exclusivamente os materiais que o cliente desexa nese preciso momento.
  • Información relevante: É exclusivamente a información necesaria para xerar o fluxo de materiais relevantes.
  • Sinal de demanda cualificada: Exclusivamente sinais de demanda entrante no sistema productivo que están xerados polo cliente (pedidos en firme, contratos, etc.).
  • Sinal de demanda non cualificada: sinais de demanda que non veñen directamente do cliente como previsións de venda, etc.
  • Buffer: pequeno remanente controlado e acotado dun determinado recurso. Así, temos buffer de material (pequenos stocks controlados), buffer de capacidade e buffer de tempo.
  • Punto de desacople: lugar onde se coloca un buffer de material para romper as dependencias e evitar así a propagación da variabilidade.

Nunha árbore dun produto, son aqueles puntos onde se coloca un pequeno buffer de material, para que algúns compoñentes de demanda dependente pasen a ser de demanda independente.

Un exemplo sinxelo é o stock de materias primas: colócase para romper a dependencia entre os nosos procesos e o noso provedor de materia prima, protexéndonos da variabilidade e discontinuidade da cadea de suministro.

 

 

 

Categorías: Artigos.