Que debo ter en conta para o peche do exercizo?

Ante a inminente presentación de contas anuais, o ordenado empresario debe ter en conta unha serie de cuestións para reflectir a imaxe fiel da súa empresa e patrimonio tal e como esixen as normativas mercantil e contable.

Agora máis que nunca é imprescindible elaborar con rigor a información contable, dado que será a nosa tarxeta de visita para presentar en calquera entidade bancaria, e en xeral fronte a terceiros.  Unha información contable e financeira irregular pode derivar en responsabilidades, especialmente nun escenario de concurso, aínda que este sexa voluntario.

Por iso, recomendamos levar a cabo unha revisión das contas anuais que se van a presentar, analizando algúns aspectos clave. A saber:

Na estrutura de investimentos ou activo empresarial:

-Valoración económica da depreciación do inmobilizado empresarial e a amortización asociada. Pode supoñer unha  descapitalización fronte a terceiros, dado que a amortización ten unha función financeira moi relevante que será obxecto dun estudo ou artigo adicional.

-Valoración das existencias.  As existencias deben valorarse acorde ao reconto real das mesmas.  Unha alteración do seu valor ou falta de actualización, pode supoñer unha perda oculta que aflorará máis adiante.

-Revisión de clientes e debedores varios para o seu aprovisionamento.

– Saldos relativos a operacións vinculadas.  Xeran moitas dúbidas, deben estar soportadas  mercantilmente e ser claras, reflectindo a realidade.

Na estrutura de financiamento ou pasivo empresarial:

-Fondo de manobra aparente, é dicir, verificar a diferenza entre activo corrente e pasivo corrente para comprobar o grao de dispoñibilidade de recursos a curta prazo para atender os compromisos de pago a curto prazo.

-Relación de provedores con saldo vivo así como de acredores.  Asegurar que se debe o que dicimos que se debe.

Valor do patrimonio:

O valor dos fondos propios, modificado polos resultados do exercicio, pode supoñer garantía e confianza fronte a terceiros, ou mesmo observar causa de disolución empresarial, fronte á que habería que adoptar medidas.

Ademais debemos sinalar que se se atopa en causa de disolución, a empresa catalógase como empresa en crise e non podería acudir a axudas nin subvencións.

Por que sería tan relevante unha información fidedigna?

Información para bancos. As entidades bancarias, as sociedades de garantía recíproca, etc… precisan información fiscal e contable para poder avaliar o nivel de rating asociado e polo tanto o financiamento adaptado á empresa, tanto en importes como en tipos.

Responsabilidade ante a sinatura. A xestión do negocio debe ser realizada desde o rigor e a ocultación ou manipulación da información financeira pode derivar nunha denuncia por xestión desleal desde os socios propietarios da empresa.

Xestión empresarial. Sobre todo, a toma de decisións.  Debemos lembrar que a información contable e financeira real, oportuna, fiable e comparable é imprescindible para a toma de decisións e a xestión financeira preditiva.  Se a información non está actualizada ou non reflicte a realidade, non é posible realizar un cadro de mando de control operativo e útil, nin tampouco poder estudar os posibles problemas que se atopan desde a xestión do negocio.

Categorías: Artigos.