Que subvencións ofrece o Igape o ano que vén?

O Ipage lanzará o próximo ano un novo e completo programa de axudas para impulsar a modernización e competitividade das empresas e persoas autónomas.

Necesitas dixitalizar o teu negocio? Buscas financiamento? queres crecer no mercado exterior e non sabes como? Este é o mapa de axudas para 2023:

 

COMPETITIVIDADE

  1. Volve Re-acciona

O programa Re-acciona volve para axudar ás empresas galegas a acceder a servizos profesionais de mellora competitiva.  No ano 2023 haberá unha nova edición. A través deste programa, o Igape actúa desde distintos ámbitos para axudar ás empresas a ser máis dixitais, máis internacionais, máis competitivas…

 Dirixido a: pemes e autónomos con máis de tres traballadores. É de concorrencia competitiva, réxime de mínimis.

 Obxectivos: o programa está pensado para conseguir melloras en:

  • Desenvolvemento estratéxico.
  • Profesionalización,
  • Innovación.
  • Adopción de solucións de dixitalización.

 Axuda de ata o 90%.

Convocatoria: segundo trimestre de 2023.

 

  1. Dixitalización industria 4.0

Dirixido a: pemes ou agrupacións de empresas con proxectos individuais ou colectivos.

Obxectivos: Implantación de solucións para o soporte dixital de procesos dunha empresa ou para proxectos de interconexión dixital de procesos entre dúas ou máis empresas.

            Investimentos materiais e inmateriais (equipamento informático,   software, colaboracións externas . . .).

Axuda  de ata o 50%

Convocatoria: segundo trimestre 2023.

 

  1. Economía circular:

 Dirixido a: autónomos, pemes ou agrupacións de empresas para proxectos individuais ou colectivos.

Obxectivos: Promover novos modelos de negocio circulares mediante a optimización de recursos, a reducción no consumo de materias primas e o aproveitamento de residuos. A Regra das 3 erres: Reducir, Reutilizar e Reciclar.

Investimentos en sistemas de medición, maquinaria para a reciclaxe in situ, ou colaboracións externas.

Axuda: 35% investimentos para pequenas empresas e 25% medianas e ademáis un 50% en as colaboracións externas.

Ata o 50% de anticipo.

Convocatoria: primeiro trimestre de 2023.

 

  1. Loxística avanzada e sostible

Dirixido a: autónomos, pemes ou agrupacións de empresas: proxectos individuais ou colectivos.

Obxectivos: implantar solucións para o almacenamento e transporte de materias primas, compoñentes, semielaborados e produtos finais, reducindo custos e prazos de entrega, así como o impacto ambiental.

Gastos en colaboracións de carácter tecnolóxico ou organizativo, adquisición de software ou licencias de uso de propiedade industrial, investimentos materiais ou inmateriais e gastos de coordinación do proxecto.

Axuda: 35% investimentos para pequenas empresas e 25% medianas + 50% colaboracións externas.

Convocatoria: terceiro trimestre de 2023.

 

INTERNACIONALIZACIÓN

  1. Galicia Exporta Digital.

Dirixido a:   pemes que acometan un plan de internacionalización dixital.

 Gastos e investimentos necesarios para desenvolver e implementar un plan de internacionalización dixital: entre 18.000 e 100.000 euros.

 

Investimentos e gastos: consultoría para realización de diagnósticos de potencial exportador ou plans de internacionalización dixital multicanle, creación e adaptación de tendas e catálogos en liña   ou adquisición de software específico.  

 Axuda: 80% dos gastos subvencionables.

 Convocatoria: primeiro trimestre 2023.

 

  1. Galicia Exporta Empresas/ OOII

Dirixido a: pemes e autónomos ou organismos intermedios para proxectos individuais ou colectivos e todos os sectores de actividade.

Obxectivos: participación en feiras e eventos expositivos, misións     empresariais, campañas de publicidade, material   promocional, axendas de reunións… (e accións de       carácter virtual).

 Axuda do 70% (80% para OOII).

 Convocatoria: primeiro trimestre 2023.

 

  1. Contratación xestores

Dirixido a: empresas como organismos intermedios cun proxecto de internacionalización.

Xestores de internacionalización: demandantes de emprego e con titulación ou        formación en comercio exterior ou internacional.

      – Contrato subvencionable entre 6 e 18 meses.

Axuda de ata 90% e posibilidade de anticipo do 50% .

Convocatoria: primeiro trimestre 2023.

 

 

FINANCIAMENTO

  1. Galicia inviste/equipamento produtivo

Dirixido a: autónomos e pemes sector industrial (tamén hoteis).

Axudas-préstamos parcialmente reembolsables

Investimentos e gastos: obra civil, maquinaria, equipamento, mobiliario

Tipoloxía proxectos:

Investimento empresarial

Sector aloxamento

Equipamento produtivo

Axuda: ata 35% pequenas empresas (25% medianas).

Convocatoria: segundo trimestre 2023.

 

 

  1. Convenios SGRS-EEFF

Dirixido a: pemes e autónomos de todos os sectores.

Características:

Reaval crecemento: préstamos a longo prazo para financiar investimentos produtivos e/ou circulante estrutural.

Reaval funcionamento: acceso a novo financiamento operativo para o tráfico comercial (liñas de crédito, pólizas de pagamentos a provedores e pólizas de comercio exterior).

Reaval garantías: garantías ante terceiros vinculadas a operacións de tráfico ou avais técnicos.

Reaval conflito Rusia-Ucraína: préstamos a longo prazo para financiar a operativa das pemes galegas afectadas polos incrementos dos prezos de materias primas e subministracións como consecuencia da invasión de Ucraína por Rusia.

Convocatoria: segundo trimestre de 2023.

Préstamos directos Igape

Dirixidos a: empresas, agrupacións de interese económico, persoas físicas, asociacións e centros tecnolóxicos.

Tipos de préstamos:

  • Préstamos para investimentos estratéxicos (permite financiamento de circulante estrutural). Posibilidade parcialmente non reembolsables.

Préstamos para infraestruturas de centros tecnolóxicos e asociacións empresariais (tamén financia gastos operativos).

Préstamos para financiar a operativa da industria auxiliar do naval.

Préstamos para financiar a operativa de industrias afectadas polo incremento de prezo de materias primas e subministracións como consecuencia da invasión de Ucraína por Rusia.

Categorías: Artigos.