Chega 2023! Aspectos a revisar na empresa para que todo estea en regra

Final de ano é momento para revisar que está todo ao día. Que aspectos debo ter en conta para que todo estea en regra?

Axuste das retencións anuais. É importante regularizar as retencións para que coincidan coas calculadas con Facenda, senón poderías ter sorpresas no caso de que os teus traballadores non estean obrigados a facer a declaración da renda.

Tes retribución variable na túa empresa? É momento de revisar o cumprimento de obxectivos e planificar a retribución variable para o exercicio 2023. Lembra que se pagas Bonus é importante recalcular a retención para axustala aos rendementos totais do traballador.

Modelo 145: debes enviarllo a todo o persoal para verificar que a situación de cada persoa segue sendo a mesma e, se variou, que procedan a modificala. Datos como o estado civil ou o número de fillos son fundamentais para aplicar correctamente as retencións nas nóminas.

Certificado de retencións: é importante que envíes o certificado de retencións a todos os traballadores e profesionais con actividade na túa empresa no último ano unha vez presentado o modelo 190.

Revisa temporalidades. A estas alturas a ninguén lle debe de pasar por alto os requisitos tan concretos que existen para este tipo de contratos. É un bo momento para revisalo.

– Non esquezas as vacacións! Algún traballador non gozou de todas as súas vacacións? Tes a proposta de vacacións de 2023? Aínda que para facilitar a xestión de vacacións hai múltiples aplicacións de Recursos Humanos ten en conta cuestiones como as seguintes:

1- As vacacións non se poden pasar a outro exercicio, salvo causa xustificada.

2- Non poden pargarse se non se gozaron.

3- Deben coñecerse con dous meses de antelación e ser aprobadas no primeiro trimestre do ano.

Rexistro horario. Nunca é mal momento para lembrar a obrigatoriedade de cubrir o rexistro de xornada diariamente.

Protocolo contra a violencia laboral e o acoso. É obrigatorio o seu contido debe ser posto en coñecemento de todo o persoal. Telo?

Plan de prevención de riscos laborais. Hai que telo ao día, do mesmo xeito que os recoñecementos médicos, a formación de novo persoal, proteccion de datos…

Actualiza os seguros: Moitos convenios colectivos esixen o pago aos traballadores de seguros de convenio, seguros de vida e outro tipo de pólizas. Deben de actualizarse anualmente e axustarse ao número de traballadores da empresa. De non facelo así, en caso de accidente, poderías ter problemas.

Revisa e revisa… é o momento de revisar en función do que determine o convenio colectivo, o incremento de salarios (IPC, táboas, …) En canto aos convenios colectivos, lembra que moitos deles esixen o pago aos traballadores de seguros de convenio, seguros de vida e outro tipo de pólizas. Deben de actualizarse anualmente e axustarse ao número de traballadores da empresa. De non facelo así, en caso de accidente, poderías ter problemas.

E lembra, se necesitas apoio, no ámbito persoas podemos resolver as túas dúbidas legais e mellorar a saúde laboral do teu persoal a través de Igape Responde.

Categorías: Artigos.