Que pode facer o programa gratuito Igape Responde no ámbito persoas por autónomos e pemes?

O programa Igape Responde xorde para apoiar e asesorar aos autónomos e pemes de Galicia como consecuencia da emerxencia sanitaria e a crise económica na que estamos inmersos co obxetivo de adaptarnos  ao novo escenario.

Algunhas das accións que estamos a realizar  dende o ámbito persoas son as seguintes:

 

A- Un servizo de consulta rápida.

Tes dúbidas en aspectos legais o estructurais do teu cadro de persoal? Algunhas das consultas recibidas son relativas  aos ERTE, despidos, contratacións, teletraballo…

Tamén xorden consultas relacionadas coas dúbidas e interpretacións respecto ás medidas de seguridade e saúde a aplicar nos diferentes territorios.

Podes facer unha consulta, un asesor experto vaite asesorar.

 

B- Un servizo de consultoría consistente na implantación de medidas concretas ó longo de ata 25 horas para mellorar o ámbito dos RRHH e xestión do capital humano da empresa.

Queres mellorar a motivación e retención dos equipos?

Moitas das consultas que nos están a facer, son resultado da preocupación da dirección e os responsables de recursos humanos das empresas pola saude mental e psicolóxica dos equipos. Neste senso as sesións de coaching ben individual, ben grupal están sendo de gran axuda. Traballar o salario emocional, facer enquisas de clima laboral e os seus plans de acción e mellorar  a motivación dos equipos de vendas a través de diferentes técnicas, son algunhas das medidas máis demandadas polas empresas.

Necesitas readaptar o teu modelo organizativo?

A crise sanitaria provocou cambios e detectou debilidades na estructura organizativa das empresas. Faise necesario reordenar ó capital humano.

Que podemos facer dende Igape Responde? Moitas empresas solicitan apoio para a redefinición de organigramas. Tamén nos solicitan novas  fichas de perfís de postos con novas funcións, tarefas e competencias  adaptadas ás novas necesidades post-covid, adaptar as empresas ao teletraballo, mellorar as habilidades e competencias necesarias trala crisis sanitaria, son outras das acción solicitadas.

A dimensión do teu cadro de persoal é axeitada?

A incerteza e os continuos cambios lexislativos fan que a planificación laboral para adaptar os cadros de persoal ás necesidades das empresas sexa máis necesaria que nunca. En moitos casos, a supervivencia da empresa dependerá dunha axeitada planificación dos custos salariais a curto e medio prazo.

Podemos axudarche  a facer un informe dos custos salariais e elaborar o presuposto para os vindeiros meses, así como asesorarte en ERTEs, seguridade e saude no posto de traballo, e todo o relacionado co aspecto xurídico-laboral.

Non esquezas que, ademais do ámbito persoas, dende os ámbitos xeral, negocio, operación e financiero tamén podemos  axudarche a aproveitar as oportunidades, e adaptarte ao novo contexto.

So tes que solicitalo a través do enlace.

 

 

Categorías: Artigos.