As axudas da Xunta para as terrazas, que gastos cubren?

As actuacións subvencionables serán a instalación de elementos desmontables que sirvan de acoutamento do perímetro ou protección, así como outros elementos móviles, xa sexan toldos, biombos ou tarimas.  Tamén haberá axudas para aqueles negocios que desexen instalar sistemas de iluminación ou aparellos calefactores. Por outra parte, inclúese a posibilidade de renovar o mobiliario (mesas, cadeiras ou xardineiras). Estas axudas cubrirán o 80% do investimento que realicen os autónomos e as pemes do sector que teñan menos de 50 persoas traballadoras. Para iso, cómpre realizar un gasto mínimo de 1.500 euros.

Categorías: Coñecemento.