Que pode facer o marketing polo meu negocio no contexto covid-19? Entrevista a Xosé Luis Reza, presidente de Markea e do Cluster da Comunicación de Galicia

  1. Vai cambiar ou esta cambiando a función do marketing coa covid-19?

As funcións do marketing non están cambiando, pero si están tendo un novo protagonismo nesta crise. Dende un primeiro momento onde a comunicación aos clientes, a través de todas as ferramentas que temos para achegarnos aos mesmos, foi fundamental para transmitir mensaxes de apoio e compromiso, ata a situación actual onde estamos chegando a revisar as propostas de valor das nosas compañías, e por tanto, as 4 P’s que nos definen coma disciplina.

 

  1. Como pode o marketing axudar ás empresas neste contexto?

 

Pois na medida en que o marketing está na parte dos ingresos o marketing é imprescindible máis nunca. Por contra do que se fala moitas veces, o marketing ten que servir para vender máis, e mellor. E xusto neste momento o que precisamos nas empresas son ferramentas que nos axuden neste sentido.

 

  1. Podes citar algúns exemplos.

 

Si claro, estamos investigando máis ca nunca: novos mercados, novas necesidades… Estamos redefinindo carteiras de produtos e/ou servizos, rendibilidades das gamas/marcas, packagings, tamaños, paquetizacións… Estamos recalculando políticas de prezos, tirando de promocións que buscan novos momentos de consumo. Estamos buscando novas canles de venta, tanto no dixital coma nas canles máis tradicionais… Axudando e acompañando máis ca nunca aos nosos equipos comerciais con ferramentas personalizadas: telemarketing de concertación de citas, xeración de leads, inbound… contido, contido e máis contido.

E non me quero esquecer do Marketing Relacional. Neste momento de contracción é moi importante acudir aos nosos clientes de sempre (para iso é preciso ter unha base de datos ben alimentada ao longo destos anos) para mantelos fieis á nós, e tratar de optimizar á nosa relación con eles (venta cruzada, recuperación de baixas, members get members…).

 

  1. Qué claves de marketing lle daría as empresas para afrontar os cambios do consumidor e recuperar as vendas?

Para min a clave do marketing, de puro sentido común é, definir moi claramente quen é o meu cliente (e isto moitas veces está máis diluído do que se pode chegar a crer), cales son as súas motivacións de compra no momento actual e cal é o posicionamento que quero transmitirlle a ese cliente para aparecer na súa cabeza en relación á miña competencia. Se ese exercizo está ben feito, todo o demais vén por descontado. Pero iso é unha reflexión estratéxica que hai que facerse case a diario.

A nivel táctico o que toca, dende a miña humilde opinión, é ser moi activo na actividade comercial, estar moi vivos ante a incerteza da competencia, e coma dixen antes, comunicarse coa nosa base de clientes fidelizados máis ca nunca.

 

 

 

 

 

Categorías: Artigos.