Que aprender do traballo en equipo durante a pandemia?

Se algo nos trouxo a pandemia, foi o cambio tan radical de perspectiva, a necesidade de cambiar e adaptarse a dixitalización, do teletraballo, das reunións no fogar…

E sen dúbida, outro dos cambios foi o concepto de traballo en equipo, seguimos tendo grandes aprendizaxes ao respecto, pero é ben certo que estamos máis predispostos porque temos claro que nos pode beneficiar, como o fai?

1.- Proceso de aprendizaxe constante. Non só no eido técnico, tamén na forma en que se desenvolven as actividades, moito máis cando falamos dun equipo multicultural e xeneracional, como está a ocorrer hoxe en día nos equipos laborais: búscase facer o mesmo ou máis, cos mesmos ou menos recursos.

2.- Mellora a rede de contactos. Se algo pon de manifiesto a situación que estamos a vivir, é a consciencia da importancia dos contactos, o networking, que te introduce nun intre en novos contextos, novas formas de entender o mundo e infinitas posibilidades de desenvolvemento.

3.- Sinerxias e novos proxectos. O traballo en equipo fomenta as sinerxias e amplía o coñecemento a campos moi diversos, poñendo o foco sempre, nas múltiples combinacións que se abren ante os nosos ollos, e nas que podemos tomar parte; se algo fixo a pandemia é arraigar a idea dos proxectos líquidos, da vida líquida, nada se posiciona xa coma un referente estable, agás o cambio.

4.-  Mellora da capacidade de resilencia. Traballar con outros, pode poñer a nosa capacidade ao límite, faite conocedor das situacións nas que podes axudar, e tamén aquelas, nas que non perder folgos nin enerxía, no teu propio ben.

5.- Mellora a tolerancia a frustración. Hoxe en día, sempre arroupados polas xeracións mais novas, é interesante observar como todas as persoas acostumbradas a inmediatez, senten e perciben a espera como un auténtico desafío.

6.- Faste dono da túa brecha xeracional. Traballar con outros obrígate a saber o que queres, e especialmente, o que non queres: as habilidades, cualidades que che interesa desenrolar, e ábreche unha ampla gama de opción para desenrolar a tua brecha de aprendizaxe, así como a porta para soltar todo aquelo que xa non che resulta útil.

7.- Autocoñecemento. Traballar con outros é unha porta constantemente aberta ao teu propio mundo, ás túas necesidades e tamén ás túas fortalezas.

Todas estas razón non pretenden indicar que o traballo en equipo deba supoñer renunciar a nosa propia identidade, mais é moi apropiado reflexionar sobre o xeito no que nos relacionamos coa nosa contorna para facer do traballo colaborativo unha experiencia gratificante para todas as partes involucradas.

Anímaste a compartir con nós como che cambiou a pandemia, a percepción do traballo en equipo? Benvida sexa a túaa resposta.

Se necesitas asesoramento, sen custe, para o teu negocio neste aspecto, só tes que solicitalo a través do formulario do Igape Responde.

 

Categorías: Artigos.