Teño un traballador de baixa por incapacidade temporal, pero vírono  pola rúa e parecía recuperado. Como podo comprobalo?

A empresa pode obrigar ao traballador a realizar un recoñecemento médico nunha mutua de accidentes o ben nunha empresa adicada a este tipo de servizos.

Se o traballador se nega, a empresa pode deixar de pagar as contías ao seu cargo. Iso si, debería estar avalado por un informe emitido por algunha empresa especializada en xestión do absentismo.

Se necesitas asesoramento, sen custe, para o teu negocio neste aspecto, só tes que solicitalo a través do formulario do Igape Responde.

Categorías: Coñecemento.