Portal do empregado, a ferramenta para mellorar a eficiencia na empresa

Centralizar os trámites e a información que implica a xestión do persoal dunha empresa nun único espazo dixital ten un nome. Chámase portal do empregado e é unha ferramenta clave na dixitalización das organizacións.

En que consiste: é un sistema de comunicación interna a través dunha plataforma dixital ou software, unha especie de intranet de última xeración, que permite aos departamentos de recursos humanos e aos traballadores xestionar a información persoal, as súas nóminas, vacacións, rendemento, funcións, tarefas e toda clase de procesos internos relacionados coa organización.

O portal do empregado axiliza trámites e procesos e achega a empresa ao empregado e viceversa. Mellora a comunicación. O seu uso permite optimizar todos os procesos vinculados coa área de Recursos Humanos e transmitir unha imaxe moderna e eficiente do teu negocio.

Pola súa utilidade e as súas vantaxes, tanto para a empresa como para os persoais, o portal do empregado está cada vez máis estendido no ámbito laboral. Estas son as súas características principais:

DECÁLOGO DO PORTAL DO EMPREGADO: FUNCIÓNS E VANTAXES:

  1. Simplicidade e eficiencia: fai posible xestionar desde un único lugar toda a documentación dos empregados e distribúea de forma automática. Centraliza todas as xestións e, por tanto, incrementa a eficiencia.

 

  1. Aforra tempo e espazo. esquécete de perder tempo imprimindo nóminas, buscando as direccións ou contactos para enviar documentos por correo electrónico, vía Whatsapp ou por papel. Tampouco necesitas espazos físicos para gardar a documentación.

 

  1. Seguridade: todos os datos da empresa e do seu persoal están seguros e encriptados.

 

  1. Optimiza os procesos. A través do portal do empregado pódense xestionar tarefas ou asignar función. Tamén é posible medir, por exemplo, o rendemento laboral de maneira individualizada.

 

  1. Seguimento e control personalizado: o portal do empregado permite realizar un seguimento do rendemento da persoa de forma individualizada (entrada e saída, horas extras realizadas, vacacións pendentes e gozadas, días de baixa…).

 

  1. Moi accesible: dentro deste espazo virtual tanto a área de Recursos Humanos como a persoa traballadora pode consultar o seu “mapa laboral”, desde a súa nómina ata as vacacións pendentes, e descargar documentos ou visualizar información de forma segura e individualizada.

 

  1. Permite a mobilidade: pódese acceder de forma segura e desde calquera lugar a todos os documentos e datos e desde distintos dispositivos (móbil, computador, tablet…).

 

  1. Máis transparencia: mellora a comunicación interna e achega transparencia porque a empresa está máis preto dos seus traballadores. Fai posible compartir documentos co persoal e calquera tipo de comunicado nun tempo récord.

 

  1. Xera sensación de pertenza: a plataforma permite unir lazos entre a organización e os seus traballadores. Hai máis comunicación e, por tanto, créase un clima máis propicio para xerar sensación de pertenza ao grupo.

 

  1. Mellora a comunicación interna. O portal do empregado facilita as consultas entre o traballador e a empresa. É unha nova forma de comunicación máis rápida, sinxela e directa.

 

CANTO CUSTA IMPLANTALO E COMO O POÑO EN MARCHA?

A boa noticia é que o portal do empregado non só está ao alcance das multinacionais, senón que pemes e autónomos tamén poden dispoñer desta ferramenta dixital. E hai axudas para implantalo.

A través do Igape Responde atopas asesoramento gratuíto e en liña neste aspecto. Só tes que indicarnos a túa necesidade a través do formulario. 

Categorías: Artigos.