Guía das principais obrigacións fiscais das pequenas empresas e persoas autónomas

Toda pequena empresa ou persoa autónoma debe cumprir coas súas obrigacións fiscais coa Axencia Tributaria.

Neste artigo repasamos algúns dos principais modelos que debemos presentar periodicamente fronte a Axencia Tributaria:

Modelos trimestrais

  • Modelo 303: É a liquidación trimestral do IVE. Para iso debes presentar a diferencia entre o IVE que soportaches nas túas operacións e o que repercutiches nas túas ventas. ¿Cando?
    • Do 1 ao 20 de abril para o primeiro trimestre (operacións de xaneiro, febreiro e marzo).
    • Do 1 ao 20 de xullo para o segundo (operacións de abril, maio e xuño).
    • Do 1 ao 20 de outubro para o terceiro (operacións de xullo, agosto e setembro).
    • Do 1 ao 30 de xaneiro para o cuarto trimestre (operacións de outubro, novembro e decembro).
    • NOTA: se queremos domiciliar o pago o prazo remata o día 15, non o día 20. É dicir, se nos sae a pagar e presentamos a declaración a partir do día 15 teremos que facer o pago tamén, non poderemos domicilialo.

 

  • Modelo 130:liquidación a conta IRPF. Do mesmo xeito que o anterior preséntase trimestralmente nos mesmos prazos que o Modelo 303. O réxime máis común é o de estimación directa, neste caso rexistraranse todos os ingresos e os gastos deducibles. Ao resultado da diferenza entre ambos débeselle aplicar o 20% e presentar o modelo 130.

 

  • Modelo 111: É un modelo de liquidación de retencións, trimestral tamén, polo que as empresas e persoas autónomas obrigadas declaran as retencións practicadas durante o trimestre a traballadoras/es, profesionais ou empresas. É dicir, normalmente, terase que encher no caso de que se subcontraten servizos profesionais ou se teñan alugueres. Se se presenta o modelo 111 nalgún trimestre, deberase presentar posteriormente o modelo 190 (anual), do que falaremos a continuación.

 

Modelos anuais

  • Modelo 390Resumo anual do IVE. Basicamente, é un resumo de todos os modelos 303 que trimestralmente se foron presentando ao longo do ano. Preséntase en xaneiro, do día 1 ao 30. Existen algunhas excepcións da obrigación de presentalo. Buscando un pouco atópase esa información en internet.

 

  • Modelo 347: Resumo das operacións con terceiros, cando se superen os 3.005,6 euros en operacións con terceiras persoas. Preséntase en febreiro de cada ano. NOTA: O modelo 347 preséntano tanto provedores como clientes, de forma que a Administración cruza os datos e pode validar que a información declarada é correcta. É habitual comprobar entre as partes que se presentan un mesmos datos.

 

  • Modelo 100. A liquidación anual do IRPF. Todo o que se foi presentando nos modelos 130 ao longo do ano. É necesario declaralo antes do 30 de xuño de cada ano. É o que se coñece comunmente como “declaración da renda”. Non é imposible de facelo un mesmo, pero é un procedemento no que é aconsellable buscar asesoramento profesional.

 

  • Modelos 190 e 180. As retencións que se foran practicado no modelo 111 (retencións practicadas durante o trimestre a traballadoras/es, profesionais ou empresarias/os) e o modelo 115 (retencións de alugueres). Hai que presentalo no mes de xaneiro.

 

  • Modelo 200. É a declaración ou liquidación do Imposto sobre Sociedades (IS); aquel que se aplica sobre os beneficios que obteñen as empresas. Teñen a obrigación de presentar ante Facenda este modelo aquelas entidades con residencia no territorio español e que teñan personalidade xurídica propia. O habitual é presentalo entre o 1 e o 25 de xullo de cada ano (poden variar un pouco estas datas).

 

Se tes algunha dúbida, podes cubrir o formulario do Igape Responde e recibirás asesoramento, sen custe, e de xeito telemático.

Categorías: Artigos.