A letra pequena: financiarme a partir das axudas públicas

As axudas públicas son os fondos que espertan un maior interese por parte das empresas e das persoas autónomas. Son apoios económicos que permiten facer fronte aos investimentos empresariais; con todo, hai certos aspectos a ter en conta.

Por exemplo, saber se conto coa liquidez suficiente para executar ese gasto ou incluso, que repercursións pode ter na miña solvencia futura.

Todas as dúbidas que poidas ter neste sentido aclarámolas no evento virtual Como elaboro a miña folla de ruta de axudas e o seu efecto na miña tesourería?, que celebramos o MÉRCORES, 2 de novembro, ás 12 horas. 

Ese día podes facernos as túas preguntas a través do chat; unha persoa experta responderá en directo.

Ten en conta que a tesourería  é unha parte fundamental para calquera negocio. Nela inclúense os pagos a provedores ou as cobranzas a clientes, entre outros aspectos.

O feito de contar cunha boa xestión da tesourería vai evitar que haxa problemas de liquidez. Ademais asegurará o correcto funcionamento da nosa empresa no futuro.

Para explicarche os detalles, podes reservar a túa praza e unas horas antes do evento recibirás un correo electrónico para acceder á xornada, dende o teu ordenador ou dispositivo móbil.

Categorías: Artigos.