Os paneis visuais, como axudan á mellora da empresa?

Este panel visual, como moitos outros que podedes atopar, é valor ou é puro desperdicio?

En moitas empresas atoparedes casos nos que os traballadores e algúns mandos intermedios consideran os paneis de xestión visual como unha perda de tempo e, seguramente, teñan razón. Pero non é que teñan razón porque os paneis de xestión visual sexan unha perda de tempo, de feito, nada máis lonxe da realidade. Teñen razón porque a empresa non entendeu para nada a finalidade dos paneis de xestión visual e acaban tendo taboleiros como os da foto, inclusive serigrafiados para que sexan máis bonitos.

Por qué os taboleiros como os da foto son puro desperdicio?

  • Non axudan aos operadores e non aportan absolutamente nada aos manager porque toda a información que amosan xa é coñecida por eles (seguramente a teñan no servidor, no ERP, en reportes que eles mesmos envían o resto. Non conteñen absolutamente ningunha información de valor para ninguén).
  • Pese a non ter ningunha información que os managers non teñan xa por outros medios, este taboleiro require moito tempo e esforzo de actualización. A xestión visual ten que ser hiper dinámica e rápida de actualizar para tomar decisións ao momento. Dende logo os gráficos a ordenador requiren esforzo de edición de arquivos e tempo diante do ordenador para imprimir gráficos que non xeneran absolutamente ningún valor nun panel dinámico de xestión visual.
  • Só contén información do pasado. Aínda que a información do pasado por suposto que importa para ver a evolución, os paneis de xestión visual deben concentrarse en HOXE e AGORA. Visualizar, poñer de manifesto no panel o problema que temos AGORA, neste mesmo instante, en grande e vermello, é o que nos vai axudar a resolvelo HOXE.
  • Unha empresa pode ter outros mecanismos de xestión visual distinta aos paneis. Si, en efecto, que unha empresa non teña paneis non quere dicir que non teña un potente sistema de xestión visual, de identificar problemas no momento, plasmalos de forma visual e resolvelos segundo ocorren. Os sistemas de xestión visual son o soporte principal dos Gemba Walk. O panel da foto non axuda en nada a entender o estado actual da planta para o noso Gemba Walk, só é replicar información xa coñecida por todos gastando tempo e diñeiro en actualizalo.

Un bo sistema de xestión visual é o soporte principal da mellora continua, ten que servir para entender nun minuto a medida que fas o teu Gemba Walk horario o estado da liña, se o operario entendeu o que esperas del nesa hora, se o conseguiu, no caso de non logralo que dificultade atopou para que vexas como podes axudalo para que na hora seguinte poida alcanzar o que esperas, que poida ter éxito no seu traballo.

Falamos de agora, desta hora e da próxima hora, falamos de dinamismo, de entender visualmente con precisión e dunha forma sinxela o que esta sucedendo na liña e actuar no momento. Só che levará un par de minutos por liña, mais esa compresión inmediata do que ocorre que aporta a xestión visual, esa conversa dun minuto co operador e as ganas de axudalo para que na seguinte hora o seu indicador se poña en verde é o que che dará centos de melloras diarias e fará que a xente se involucre coa empresa e co sistema de xestión visual que se implante.

Se necesitas asesoramento gratuíto neste ámbito, solicita a través do Igape Responde. 

 

 

Categorías: Artigos.