Keywords: a clave para o posicionamento web está no noso contido

O fin de calquera empresa é conseguir que, en pleno mundo dixital, nas pesquisas relacionadas co noso sector, a nosa web sexa a primeira opción para o cliente.

Os usuarios están na procura continua de todo tipo de produtos e servizos a través da internet e sintetizan cunha palabra, ou varias, o que queren atopar: “teclado”, “mercar ordenador”, “colchón cómodo”, “móbil 5g”, “froita ecolóxica”, “camiseta algodón”…

Pois ben, iso é que denominamos Keywords ou palabras clave.

Sabendo isto, non é de estrañar a importancia do uso das Keywords e que sexa un método rigoroso, baseado en métricas e análises que non deixan ao azar os resultados obtidos, loitando por obter posicionamento nos buscadores e en consecuencia nas pesquisas e visitas na nosa web polos consumidores potenciais.

Calen son as vantaxes do seu uso?

  1. Aumento do tráfico orgánico: lograremos que os usuarios que teñan intereses específicos no noso produto accedan ao noso contido.
  2. Maior coñecemento do usuario: se empregamos ferramentas de análise, permitiranos coñecer que público é o que accede con máis asiduidade ao noso contido.
  3. Mellora da imaxe e a visibilidade da nosa marca: canto mellor posicionados nos atopemos, máis referencia de outras marcas seremos, e incluso obteremos mencións noutras páxinas.

 Onde empregamos as Keywords?

Tanto nos títulos como subtítulos e no contido (sobre todo nas primeiras liñas), e incluso na metadescripcion. Ademais, un uso ordenado e constante tamén pode ser útil para clasificar o contido na propia web.

Cun correcto uso, “deixamos claro” aos buscadores que é o importante nas nosas publicacións e con que palabras clave nos debe asociar e, en consecuencia, posicionar.

 

Que tipo de Keywords debemos empregar?

As Keywords a usar son aquelas que teñan moitas pesquisas ao mes para aumentar os potenciais clientes que farán “clic” nos nosos resultados, pero pode facer que ao ser as máis “desexadas”, sexan tan competitivas que non consigamos o obxectivo de posicionarnos. Por iso é importante que sexan empregadas asiduamente, pero tamén que teñan menos competencia e non estean saturadas, e así lograr mais cantidade de tráfico.

No uso das Keywords, faise distinción das mesmas pola finalidade das pesquisas:

  • De navegación: empréganse para pesquisas e consultar unha web o blog concreto en lugar de escribir a dirección no navegador: por exemplo “Alcampo”.
  • Informativas: empréganse para buscar unha definición, ou información concreta: por exemplo “mercadotecnia definición”.
  • Comercias: están ligadas co mercado e a adquisición dun produto: por exemplo “prezo Apple 11 Pro

Debemos ter claro ademais que existen varios tipos de Keywords:

  • Head Tail keywords: son as palabras xenéricas, e so empregan unha ou duas palabras: por exemplo “coches rápidos”.
  • Middle Tail keywords: son algo máis específicas cas anteriores e deixan evidenciada algunha característica concreta e determinada: por exemplo “coche rápido baixo consumo”
  • e por último, as Long Tail nas que o usuario emprega unha combinación de palabras, facendo pesquisas mais específicas, e inclúen máis termos. O exemplo sería “coche rápido baixo consumo marca Citröen en Vigo”.

Sabemos o para, o onde, e o tipo de keywords que podemos empregar, pero como atopamos as que funcionen para o noso negocio?

Ás veces non é doado atopar as palabras clave que consigan posicionar e aumentar o tráfico das nosas publicacións, e é un erro bastante habitual dar por suposto que coñecemos o sector e o cliente, que “sabemos” que e como busca nos motores de búsqueda.

Cando comezamos, pode ser máis fácil posicionar unha publicación empregando Keywords longtail, xa que o ser máis específicas non teremos tanta competencia coa que “loitar” por posicionarnos, e a medida que obtemos relevancia nas redes, poderemos empregar Keywords máis xenéricas para ter máis pesquisas.

É por iso que temos multitude de ferramentas que nos axudan a atopar Keywords de noso sector que non son moi empregadas pero que si teñen moitas pesquisas e fan que poidas posicionarte máis rápido.

Algunhas das ferramentas máis relevantes, e tamén fiables, poderían ser as seguintes:

  1. Google Keyword Planner de Adwords: é das máis empregadas no mundo, e o ser do propio Google, emprega os datos do seu buscador e fai que os resultados sexan moi precisos. Para poder empregalo, é preciso darse de alta e é recomendable ter activa a lo menos unha campaña de publicidade para que os resultados sexan acertados.
  2. KW Finder: funcionamento sinxelo e intuitivo, e totalmente gratuíta. Proporciona combinacións de palabras a engadir ás que buscamos inicialmente, e nos indica ademais a cantidade de pesquisas mensuais ten cada unha delas. Adicionalmente amosa a tendencia das Keywords e os resultados mellor posicionados que compiten polo uso da mesma.
  3. SECockpit: o aspecto máis relevante desta ferramenta é que ademais das habituais pesquisas, podemos filtrar os resultados. Nos plans de pago, ademais é unha potente ferramenta SEO.
  4. Tiny Suggest: é a máis sinxela. Devolve resultados baseados nas recomendacións de Google e tamén en base ás propias búsquedas dos seus usuarios.
  5. Long Tail Pro: ferramenta interesante para atopar Keywords asociadas por sector. Ademais permite introducir o noso dominio e devolver un informe no que nos indica a dificultade que ten de posicionamento en tempo real, con información moi valiosa para o noso SEO.
  6. Seed Keywords: esta ferramenta emprega ás persoas do teu entorno para atopar as Keywords que empregan de forma natural no día a día. Proponse unha situación ficticia e se envía ós contactos para que indiquen como o buscarían nas redes para obter os resultados desexados. É importante que a mostra de usuarios sexa alta para obter bos resultados.

E agora, tes a clave para as túas palabras clave? Non esquezas a importancia do contido da túa web, pero estuda tamén as palabras que empregas en cada publicación!

Se necesitas asesoramento, sen custe, para o teu negocio nesta materia, podes solicitalo a través do formulario do Igape Responde. 

Categorías: Artigos.