O sector enerxético, oportunidade para potenciais negocios

A crise enerxética que sufrimos impulsou a transición ecolóxica, non só para reducir as emisións de efecto invernadoiro, senón tamén para axilizar e promover a independencia enerxética de cada territorio.

O sector enerxético abrangue toda actividade económica relacionada directamente coa obtención, xestión e transformación da enerxía, que pode ser renovable (enerxía eólica, hidráulica ou xeotérmica) ou non renovable (petróleo, gas natural ou carbón).

 

Europa, o continente máis afectado

O contexto actual de crise enerxética debido ao conflito entre Rusia e Ucraína, ameaza a seguridade da subministración enerxética. O conflito deixa clara a vulnerabilidade en materia de independencia enerxética que sofre a Unión Europea.

Para paliar esta problemática, a UE ten postas en marcha medidas para acelerar a transición enerxética, ao mesmo tempo que se reduce a dependencia enerxética doutros países como Rusia.

O plan da Unión Europea para a transición ecolóxica enmarcado no Pacto Verde Europeo persegue lograr a neutralizade climática no ano 2050 reducindo os niveles de emisión de gases de efecto invernadoiro. Para cumprir este obxectivo é necesario substituír o uso de enerxías non renovables polas renovables, e incrementar os investimentos en tecnoloxías baixas en emisións.

Nesta liña, a actual tendencia no sector enerxético abre novos retos e oportunidades para os negocios. O futuro atópase nas actividades que se centren na produción, transporte, distribución ou comercialización de enerxías limpas, así como na innovación e na aplicación das novas tecnoloxías que permitan reducir as emisións en calquera ámbito.

 

Proxectos de enerxías limpas e renovables, en auxe

Algúns dos exemplos máis coñecidos xurdidos desta tendencia son as caldeiras de pellets ou os coches eléctricos, pero a realidade é que as enerxías renovables teñen un gran potencial para ser aplicadas en moitos máis ámbitos e a maior escala.

 

Enerxía eólica mariña

É un tipo de enerxía moi incipiente, e que aínda está en proceso de lexislación. Esta fonte de enerxía limpa e renovable, obtense do aproveitamento da forza do vento que se produce en alta mar a través da colocación de estruturas no leito mariño.

Asturias xa é unha das primeiras comunidades autónomas de España que se atopa avaliando o potencial e beneficios de este tipo de enerxía, e é unha das 14 rexións do Arco Atlántico que este mesmo ano asinaron unha declaración de apoio ao desenvolvemento da enerxía eólica mariña.

 

Reciclaxe de ións de litio

A reciclaxe ofrece unha solución parcial a un problema global de sustentabilidade, máis aínda cando as baterías son cada vez mais empregadas nos dispositivos electrónicos.

A idea deste tipo de negocio é aproveitar as baterías ao final da súa vida útil, reutilizándoos na fabricación de novas células e baterías.

Esta nova vía de negocio pode favorecer a redución das rutas recorridas polos materiais empregados na fabricación de dispositivos ao mesmo tempo que se reduce considerablemente as emisión das baterías de ións de litio.

 

Enerxía fotovoltaica

Se xa viña sendo un dos tipos de enerxía máis solicitados polos particulares, nesta última etapa ven sendo a que maior crecemento está a ter. O compromiso co medio ambiente unido á necesidade aforrar no consumo da factura da luz, fai que cada vez máis particulares demanden esta alternativa nos seus fogares.

 

Biotecnoloxía para xerar enerxía

Producir enerxía a través do cultivo de bacteria, pode ser xa unha realidade. O seu uso estaría asociado á capacidade destes organismo á hora de transformar a biomasa en produtos químicos potencialmente interesantes en procesos de fabricación e produción de enerxía.

Aínda que este son uns claros e innovadores exemplos, atopámonos cada vez con melloras de procesos, e análise de novas fontes de enerxía que mellores a operativa e aforren nos procesos de produción.

Queres analizar novas liñas do teu negocio ou arrancar unha nova actividade? Se tes dúbidas, e precisas axuda, podes solicitar asesoramento no ámbito de negocio, sen custe, a través do formulario de Igape Responde.

Categorías: Artigos.