Twitch, o novo escaparate para a miña empresa

Se es parte das novas xeracións ou che gusta estar á vangarda do que pasa na internet, seguro que xa coñeces Twitch. Con todo, se non é o teu caso, achegámosche unha pequena guía sobre que é, e como está cada vez máis ligada ao sector empresarial.

Twitch é unha plataforma de streaming en liña, é dicir, un lugar onde se retransmiten vídeos en directo. A principal vantaxe desta plataforma é que permite reunir a quen retransmite o contido e á súa audiencia nun mesmo lugar de forma sincrónica, o que facilita unha comunicación moito máis persoal e fluída.

Ibai Llanos, AuronPlay ou TheGrefg son algúns nomes recoñecidos a nivel nacional e internacional que deben gran parte da súa  fama ao seu éxito en Twitch.

Seguro que agora pensas, como podo facer que a miña empresa teña éxito en Twitch? Pois ben, dependerá do tipo de negocio, pero en calquera caso, a base será unha boa estratexia na que se analice a mellor fórmula, o noso tipo de audiencia e a súa interacción.

Para dar os primeiros pasos nesta plataforma, e entender a súa operativa e potencial, debemos coñecer as características mais distintivas de Twitch: os subscritores e a súa interacción co noso negocio.

A diferenza doutras plataformas, en Twitch hai dúas formas de apoiar a unha canle (unha conta doutro usuario):

  • Botón seguir: funciona igual que noutras redes sociais, como Twitter ou Instagram. De forma gratuíta avísate cando as contas ás que segues publican novo contido.
  • Subscritores: os usuarios a cambio dunha mensualidade (4€ en España ou unha subscrición gratuíta cunha conta de Amazon Prime), reciben acceso a contido e vantaxes adicionais da a canle á que se subscriben.

Imos ver agora, algunhas das estratexias que os negocias utilizan para aproveitar o potencial de Twitch:

Descontos por subscribirte: unha das mellores formas de incentivar que se subscriban á túa canle é ofrecendo pequenos descontos no teu servizo ou produto. É unha boa forma de agradecer e recompensar o tempo e esforzo económico que os usuarios investiron na túa canle.

-Sorteos para subscritores: hai varias formas de promocionar un sorteo en Twitch. A máis estandarizada en anunciar un premio e sortealo entre as persoas que se subscriban ao longo do mes. Outras canles crean un contador e piden un número mínimo de subscritores para realizar o sorteo, o que asegura un retorno do investimento, pero pode ter o risco de deixar descontentas a aquelas persoas que se subscribiron se finalmente non se realiza.

-Entretén a túa audiencia mentres mostras o teu produto: se pensas que o teu produto non se pode vender en Twitch porque non é entretido, estás totalmente equivocado. O importante non é tanto o que vendes, senón como o vendes. Podes facer Unboxing (apertura dunha caixa con contido normalmente temático e sorpresa, no que se vai comentando en directo a medida que se ve o que hai dentro), contar os usos máis extravagantes do teu produto ou calquera cousa que poida resultar divertida ou interesante e enganche ao teu público obxectivo.

 

Estas son só algunhas ideas, pero existen moitas outras formas de aproveitar a comunicación nesta plataforma. A crave e encontrar a que mellor se adapte as características do teu negocio.

Por último, hai que ter en conta que Twitch é unha plataforma na que é difícil crecer nos primeiros compases, por iso é importante non obsesionarse cos números e centrarse en crear contido de calidade. Ao final verás como os teus seguidores crecen aos poucos.

Se necesitas orientación de como empezar a mostrar o teu negocio en Twitch, podes solicitar asesoramento, sen custe, a través do formulario de Igape Responde

Categorías: Artigos.