O papel do estándar 5S. Os procesos de adaptación interna

Por que é tan importante que sempre se fala das 5S? Pois ben, 5S é nada máis e nada menos que a porta de entrada da cultura Lean nunha empresa. De feito, o que menos importa de 5S é que todo vai acabar limpo e ordenado.

Dende o enfoque cultural que é o que realmente importa, 5S supón unha capacitación Lean moi completa tanto para o operario como para o responsable de guiar a implantación e auditalas.

Dende o punto de vista cultural de capacitación, podemos distinguir 3 grandes bloques:

  • (Seiri, Seiton, Seiso).- O obxectivo de quedarnos so co necesario, colocar e limpar, é capacitar ó operario nos beneficios da xestión visual. Non é nin máis nin menos que capacitalo en definir que é unha situación normal no seu posto, que é unha anómala e ensinarlle a poñer os mecanismos visuais para que calquera situación anómala sexa identificable dunha forma evidente. Por iso se elimina o innecesario (de cara é anómalo que estea aí se non se necesita e por outra parte impide ó operario visualizar outras operacións anómalas), por iso se colocan e identifican as cousas dunha maneira visual (nun panel de ferramentas vese a quilómetros se esta todo ou hai algunha ferramenta que o operario necesita pero non a ten dispoñible, etc.) e por iso limpamos sobre todo aquelas zonas onde sexan especialmente críticas para detectar facilmente situacións anómalas, por exemplo, debaixo dos latiguillos de hidráulico se a superficie está limpa calquera fuga por mínima que sexa salta á vista inmediatamente.

 

  • (Shitsuke).- O obxectivo da cuarta S é capacitar ó operario nos beneficios da estandarización. Vital absolutamente. Ten que entender que é un estándar e como un estándar axúdalle a manter o seu posto nese novo estado no que sabe, con so botar un vistazo, se ten todas as ferramentas, se os niveis son correctos, se hai algunha fuga, etc.

 

  • (Shitsuke).- Por último a quinta S de soster o sistema é igual de vital e malinterprétase a miúdo. En moitos sitios vese que vai posto por posto unha especie de xuíz cun papel que pon auditoría 5S (auditoría ten tantas connotacións negativas que parece a peor palabra que se pode escoller para facer algo tan importante). De feito hai sitios que entenderon tan mal os obxectivos de 5S que hasta penalizan ó operario en caso de non manter correctamente o seu posto de acordo co estándar 5S imposto pola empresa. O obxectivo desta última S é capacitar ó operario na evolución do estándar e por tanto é unha capacitación básica en Kaizen e resolución estruturada de problemas. O que se pretende con esta “auditoría” é comezar unha nova forma de relación co operario, baseada nese primeiro estándar, preguntándolle que problemas atopa nese primeiro estándar, que ideas ten para melloralo, facer esa mellora con el e verificala con el aportándolle cousas que ó mellor están fóra do alcance do seu posto (por exemplo, algunha pequena solución tecnolóxica), trátase de buscar solución con el e verifícalas con el, en equipo, para evolucionar ese estándar.

5S é VITAL porque é a forma de capacitar o persoal nunha organización para que experimenten os beneficios da xestión visual, os beneficios da estandarización, da resolución de problemas en equipo e espertar neles o espírito da mellora continua, porque cada vez que toque “auditoría” vas pedirlles que che ensinen algo novo que se lles ocorrese para mellorar as súas 5S e resolverás en equipo novos problemas que lles xurdiran no seu estándar 5S.

Non trates 5S como un tema obvio, é dunha importancia cultural crítica, a parte de poñer a proba a túa capacidade como manager de manter na túa xente unha disciplina baseada en estándar e kaizen.

 

 

Categorías: Artigos.