O orzamento anual da empresa, o documento para evitar contratempos

Alá durante o mes de novembro os departamentos de planificación das empresas de certa dimensión viven unha actividade frenética:  están a elaborar o orzamento xeral do ano seguinte.  Lamentablemente as nosas micropemes,  autónom@ s non teñen os medios que desexarían para realizalo, non teñen un departamento de planificación, pero, en todo caso, é unha ferramenta imprescindible na empresa.

O orzamento dunha empresa é un plan que recolle todas as operacións e recursos para lograr os obxectivos marcados, expresado en termos monetarios. Queiramos ou non, o orzamento dunha empresa é algo a ter moi en conta á hora de realizar calquera acción. Marcar un orzamento é adiantarse ao futuro para evitar contratempos ou problemas e sobre todo, edúcanos  empresarialmente a planificar, para despois controlar e actuar de forma  correctiva fronte ás desviacións fronte ao camiño marcado.

Cando se fai un orzamento está a planearse o que se espera xerar, en termos de ingresos e dos gastos que se van a asumir para xeralo. Un orzamento é un documento que reflectirá a estimación futura de ingresos xunto aos recursos propios que terá unha empresa para un período de tempo determinado.  No  mesmo cuantifícanse prognósticos ou previsións de diferentes elementos desta, tales como as vendas, as compras, a produción, os gastos administrativos, e os gastos de vendas.

Se elaboramos un orzamento na nosa empresa, teremos que ter en conta os ingresos que desexamos obter, que medios necesitamos para conseguilos e canto gañaremos nun determinado momento de tempo..

 

Tipos de orzamento empresarial

De operación: componse dos gastos das vendas e dos obxectivos de vendas fixados. Serve para coñecer canto se debe producir e canto vai custar esa produción. Para iso, o primeiro é coñecer a materia prima necesaria, e os seus gastos, así como a man de obra e o seu custo. Desta maneira poderase coñecer os gastos totais de produción e tamén as ganancias estimativas, en función dos obxectivos.

Financeiro: este orzamento é o efectivo co que conta a empresa e os investimentos que se poderán realizar. Desta maneira saberase se se pode mover o capital e como facelo de forma rendible. É a mellor maneira de coñecer a situación dunha empresa.

Os orzamentos son unha ferramenta de xestión fundamental para toda empresa xa que permiten planificar, coordinar, controlar e avaliar as diferentes operacións, recursos e actividades desta.

Se necesitas asesoramento gratuíto neste ámbito, só tes que solicitar a través do formulario do Igape Responde. 

Categorías: Artigos.