Linkedin: a rede profesional que incrementará as miñas vendas

Se o teu negocio se dirixe a un target profesionalizado, o teu espazo nas redes sociais está en Linkedin: máis de 467 millóns de usuarios que interactúan e conectan diariamente na procura de novas oportunidades e negocios, e máis de 8 millóns deles son de España.

En concreto, as empresas B2B atopan ate un 80% dos seus contactos a través de Linkedin, sendo na actualidade a rede social profesional máis importante e unha potencial máquina para xerar leads.

Primeiramente, debes involucrarte coa rede social:

  • Crea un perfil atractivo
  • Participa e crea grupos de debate
  • Emprega as keywords adecuadas
  • Responde o antes posible ós DM e comentarios
  • Emprega a funcionalidades InMail
  • Publica e interactúa periodicamente

O segundo paso para que esta ferramenta sexa útil, é primordial que teñamos claro o noso buyer persoa (o noso cliente ideal e potencial), recoñecendo os nosos tipos de clientes, as súas características, e sobre todo as súas necesidades reais para optimizar a nosa estratexia de marketing.

Entre a información que debemos ter en conta atopámonos diferentes ámbitos a estudar:

  1. Perfil socio-económico:
  • Información persoal: idade, sexo, estado civil, localización, estudos e inclusive o seu nivel tecnolóxico
  • Emprego: profesión, horarios, vocación e condicións ideais de traballo.
  1. Intereses, necesidades e temores:
  • Vida persoal: valores, gustos, medios sociais que emprega, fontes de información, gustos musicais, ou orientación política.
  • Sentimentos: preocupacións, necesidades vitais, practicidade das súas decisións, percepcións ou concepto do éxito e o fracaso.
  1. Finanzas e compras: Se ten débedas ou é aforrador, hábitos de consumo, visión e importancia da marca e sitios nos que prefire mercar
  2. Negocio: se a nosa marca é recoñecida e a que nivel, se é anterior usuario ou cliente, beneficios e necesidades que lle aportan ou cobren os nosos produtos ou servizos.

 

Con esta información, poderemos lanzar anuncios e campañas de marketing moito máis efectivas e ademais, unha vez teñamos claro o perfil dos usuarios, podemos atopar múltiples ferramentas de marketing en Linkedin para incrementar as túas vendas a través do establecemento de contactos B2B:

  • Linkedin Sales Navigator: é unha das ferramentas mais seguras ó ser da mesma plataforma ca rede social. O seu obxectivo é conectar compradores e vendedores, afinando as recomendacións de leads que poden ser potenciais clientes.
  • Plugins de Linkedin: a súa finalidade e facilitar ó usuario que conecte con nos, facendo que no noso sitio web figuren funcionalidades de Linkedin, como compartir ou seguir á nosa empresa ou perfil.
  • Crystal: se queres analizar os perfís profesionais cos que queres contactar, e facelo de forma adecuada, esta ferramenta faino fácil: proporciona información de cada usuario baseada no análise das palabras que emprega facendo mais doada a forma correcta de enfocar a venda segundo as súas preferencias.
  • Outro: é unha ferramenta que amosa os clientes potenciais a partir da análise da túa rede e dos propios usuario da ferramenta. Entre as súas características podemos resaltar a posibilidade de exportar os datos de contacto (interesante se os queremos importar nun programa propio) e que ten a opción de crear informes de análise.
  • eLink Pro: unha das formas máis sinxelas de obter novos contactos é visitando os seus perfís. É habitual que cando chega unha notificación de que alguén visitou o noso perfil, nos tamén visitemos o seu, e incluso contactemos co usuario se encaixa nas nosas necesidades ou intereses. Esa é a filosofía de esta ferramenta, que pode chegar a automatizar a visita de ate 800 contactos ó día, chegando a asegurar que entre o 5-10% dos usuarios se transformen en contactos.

Estas con unhas breves pinceladas do potencial de esta rede social e do valor que aporta ó noso negocio, pero se tes dúbidas, precisas unha estratexia de marketing, e queres coñecer as vantaxes e beneficios que pode aportar Linkedin no teu negocio, podes solicitar asesoramento, sen custe, a través do formulario do Igape Responde

Categorías: Artigos.