Cal é o significado da palabra Lead?

Referímonos con ese termo a tódolos usuarios que cederon os seus datos a unha empresa e pasan a atoparse nunha base de datos co fin de ser contactados ou interactuar coa devandita organización por ter interese nos seus produtos ou servizos.

Podemos clasificar os leads segundo diversos puntos e intereses, pero en concreto clasificándoos polo seu potencial atopámonos con:

  • Lead frío: contacto inicial no que o usuario soamente deixou os seus datos de contacto. Aínda carecemos de coñecemento sobre as súas necesidades.
  • MQL (Marketing Qualified Lead): contacto que coñece os nosos produtos ou servizos, e ten necesidade dos mesmos, polo que é un potencial cliente.
  • SQL (Sales Qualified Lead): contacto que está listo para adquirir os nosos produtos ou servizos, e polo tanto, é o obxectivo a contactar polo departamento de vendas.
  • Cliente: contacto que adquiriu os nosos produtos, e co que seguimos comunicándonos co fin de fidelizalo e xerar novos pedidos.

Se queres recibir asesoramento gratuíto no ámbito de negocio, só tes que cubrir o formulario do Igape Responde. 

 

 

 

Categorías: Coñecemento.