Liderado sostible: o modelo de xestión empresarial que chega para quedarse

As empresas do futuro serán máis sostibles, responsables e inclusivas. É o que asegura a maioría das persoas expertas en xestión empresarial que afirman que conceptos como a empatía e resiliencia gañan terreo nun mundo que cambia a pasos axigantados e onde unha nova figura xorde con forza no mundo da empresa: o líder sostible.

Pero que significa ser un líder sostible e por que ameaza o reinado do líder tradicional?

O liderado sostible consiste nun conxunto de accións a nivel económico, social e ambiental executadas ou deseñadas para conseguir o benestar da compañía, pero tendo sempre no punto de mira as persoas traballadoras e á sociedade.

E a posta en marcha destes obxectivos non é un sprint senón unha carreira de fondo. Quen desenvolve estas accións denomínanse líderes sostibles e xeralmente son a antítese do líder tradicional, que prioriza os resultados empresariais a curto e medio prazo e a miúdo esquécese das necesidades individuais das persoas traballadoras.

 

Decálogo do líder sostible

  1. Marcado compromiso social e preocupación polo medio ambiente.
  2. A comunicación coas persoas do persoal é unha prioridade.
  3. Domina os conflitos a través do diálogo.
  4. A saúde e o benestar das persoas que forman parte da organización é esencial.
  5. É unha persoa proactiva e involucra ao persoal no éxito da compañía.
  6. Promove prácticas ambientais e unha cultura sostible dentro da empresa.
  7. Implicar á empresa e aos equipos na consecución de Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).
  8. Favorecer medios de transporte alternativos, máis verdes e sostibles, sempre que sexa posible.
  9. Aplicar medidas nas áreas de traballo que favorezan prácticas respectuosas co medio ambiente (exemplo: redución do uso de plásticos ou incentivar a reciclaxe).
  10. Exercer o autoritarismo nunca é a opción, o diálogo é a súa mellor arma para lograr o máximo rendemento da xente.

 

Vantaxes para a empresa. Os líderes sostibles:

– Atraen a traballadores e traballadoras con talento.

– Reforzan o compromiso coa empresa das persoas que traballan nela.

– Aumenta a competitividade e a eficiencia.

– Xera impacto positivo nas persoas e a nivel económico e social a longo prazo.

 

A clave está na motivación: O sentido crítico, a visión a longo prazo e, sobre todo, a capacidade para motivar e mesmo entusiasmar aos equipos son sen dúbida o denominador común de todos os modelos de xestión baseados neste tipo de liderado que se vai impoñendo nas novas empresas e que, segundo a maioría dos estudos, terminarán desbancando o liderado máis arcaico e tradicional.

Se buscas apoio para poñer en marcha na túa empresa un liderado sostible, podes pedilo través do noso formulario. 

 

Categorías: Artigos.