O apoio dos reavais do Igape, encaixa no meu negocio?

Agora en maio abriuse a convocatoria dos reavais de IG535 a través de SGR (Sociedades de Garantía Recíproca).

O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) abarata o custo do aval, e mesmo pode achegar un reaval polo 25% do importe cuberto pola SGR. Os beneficiarios poden ser persoas físicas, xurídicas, e mesmo agrupacións, sociedades civís sen personalidade xurídica.

Esta liña de préstamos para o crecemento das pemes inclúe avais de entre 3.000 e un millón euros. O prazo mínimo do préstamo avalado será de tres anos e non poderá superar os dez, incluída unha carencia dun máximo de dous anos.

En canto ao tipo de interese que poderá esixir o banco será, como máximo, o euribor máis un diferencial do 1,9 %. O da comisión do aval (SGR) non superará o 1,25 % anual, podendo pactarse unha porcentaxe inferior. O Igape, ademais, bonificará nos tres primeiros anos da operación ata o 1,9 % do tipo de interese. Tamén o 1,25 % da comisión do aval. Débenme responder desde Igape en tres meses desde a recepción da solicitude, Ata aquí, as condicións máis relevantes da convocatoria.

 

Agora ben, encaixa no meu negocio?
Pois depende. Depende do que necesitemos e o tipo de financiamento que teño a data de presentación. Esta liña axúdame a reestruturar e afrontar débeda financeira e débeda da actividade: provedores; acredores, aeat, persoal.
Habemos ter en conta en primeiro lugar que non podemos reestruturar nin reavalar. Para empezar, se a miña débeda é ICO COVID, xa non poderiamos afrontala con esta convocatoria. De feito, temos que ter en conta que unha empresa financiada con estes produtos enténdese, desde un punto de vista bancario, que foi reestruturada. E debemos saber tamén que unha vez que se realiza unha reestruturación, o banco pon mil problemas para unha segunda reestruturación. Na medida do posible, debemos cancelar este tipo de produtos específicos antes de expor outra operación financeira de reestruturación.
Dito isto, considerar que a garantía do novo financiamento achégaa a SGR, (AFIGAL), pero teñamos presente que a operación ten que vela o banco para que a SGR entre a aprobala despois. Se o banco ve moito risco, non chegará á SGR. É dicir, hai que negociar a tres bandas: Banco, SGR e Igape.
Como última recomendación, prepara un dossier bancario para presentar a todas as entidades mencionadas, que xere confianza, transmita solvencia e capacidade de afrontar este novo financiamento.
Se tes algunha dúbida, podes consultarnos a través do Igape Responde. 

 

Categorías: Artigos.