Claves da realidade fiscal, normativa e tribuataria para 2021

Unha vez finalizado 2020, ano que resultou moi duro para a actividade e supervivencia das pemes e autónomos, iníciase un 2021 marcado pola incerteza.

Aínda non hai signos que permitan predicir cal será a senda económica pola que discorrerán os traballadores por conta propia e as pequenas empresas.

Por iso, é imprescindible máis que nunca coñecer as claves relacionadas coa realidade fiscal, normativa e tributaria á que van ter que enfrontarse este ano.  En neste artigo destacamos algúns puntos que consideramos relevantes para definir a planificación financeira e fiscal da súa empresa neste exercizo.

Medidas e cambios de carácter xeral

Respecto aos cambios que se produciron recentemente e que van marcar o 2021, podemos destacar, no referente ás micropemes e pemes galegas os seguintes aspectos:

Imposto de sociedades, en relación ás reparticións de dividendos en canto incorpora unha redución da exención fiscal do 100% ao 95% polas plusvalías e dividendos xerados por filiais no exterior.

En relación ao IVE, especial mención merece neste caso a aplicación desde o pasado 1 de xaneiro do tipo do 21% de I.V.E. ás bebidas refrescantes, zumes e gasosas con azucres ou  edulcorantes engadidos.

Medidas tributarias: a máis destacada é o aprazamento de pago por seis meses, dos cales os tres primeiros sen intereses, para as declaracións do primeiro trimestre de 2021. No ámbito das competencias da Administración tributaria do Estado, para os efectos dos aprazamentos aos que se refire o artigo 65 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria, concederase o aprazamento do ingreso da débeda tributaria correspondente a todas aquelas declaracións-liquidacións e autoliquidacións cuxo prazo de presentación e ingreso finalice desde o día 1 de abril ata o día 30 de abril de 2021, ambos inclusive, sempre que as solicitudes presentadas ata esa data reúnan os requisitos aos que se refire o artigo 82.2.a) da citada lei.

Este aprazamento será aplicable tamén ás débedas tributarias ás que fan referencia as letras  b),  f) e  g) do artigo 65.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria. Será requisito necesario para a concesión do aprazamento que o debedor sexa unha persoa ou entidade con volume de operacións non superior a 6.010.121,04 euros no ano 2020. As condicións do aprazamento serán as seguintes: a) O prazo será de seis meses.  b) Non se devindicarán intereses de demora durante o primeiros tres meses do aprazamento.

Se tes algunha dúbida, ou necesitas recibir asesoramento, podes realizar a túa solicitude a través do formulario do Igape Responde

Categorías: Artigos.