II Plan de Rescate a Xunta para autónomos, micropemes e hostalaría. Estas son as axudas

A Xunta activou unha nova liña de axudas para apoiar a sectores moi afectados pola pandemia como autónomos, micropemes e hostalaría. É o II Plan de Rescate dotado con un total de 75 millóns de euros dos que 60 millóns destinaranse a autónomos e microempresas e 15 millóns a hostalaría e outros negocios que se viron obrigados a suspender a súa actividade. Estas son as principais claves:

 

PRIMEIRA LIÑA DE AXUDAS: AUTÓNOMOS E MICROPEMES:

 1.AUTÓNOMOS

Quen se pode beneficiar?

Todas as persoas traballadoras autónomas que estean dadas de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar por conta propia con domicilio fiscal en Galicia e autónomos de tempada.

Contía das axudas:

Para os autónomos establécese unha escala que vai dos 1.200 aos 3.000 euros de axuda directa. As contías serán máis elevadas para os empresarios que teñan máis caídas na facturación. Así, establécese un baremo a partir de 1.200 euros para baixas na facturación de entre o 45% e 60%; 2.000 euros (entre o 60% e o 70%) e de 3.000 euros nos casos máis graves (caída do 70% ou máis).

 

2- MICROEMPRESAS:

Quen se pode beneficiar?

Persoas traballadoras autónomas, as micropemes e, excepcionalmente, as pemes, sempre que teñan persoal contratado por conta allea ao seu cargo e unha baixada de facturación de polo menos o 45 %, así como ter domicilio fiscal en Galicia.

 

Contía das axudas

Para microempresas e persoas traballadoras autónomas con persoal ao seu cargo, os apoios irán dos 4.000 aos 9.000 euros. Tamén neste caso adáptanse as contías en función das perdas: 4.000 euros (de -45% a -60%), 5.000 euros (entre -60% e -70%) e 6.000 euros (-70% ou máis). Estas cantidades incrementaranse de acordo co número de persoas traballadoras ao cargo, percibindo os empresarios 1.000 euros a maiores se contan de 4 a 9 empregados; 2.000 euros máis en negocios entre 10 e 20 empregados; e 3.000 euros con cadros de persoal de 21 a 25 persoas.

A baixada de facturación calcularase comparando a facturación anual de 2019 coa de 2020. Contémplanse outros parámetros para os supostos seguintes:

Para as altas ou empresas creadas ao longo do ano 2019.

Para as altas ou empresas creadas desde o 1-1-2020 ao 31-3-2020.

Dita cantidade incrementarase até 3.000 euros en función do número de traballadores por conta allea segundo a seguinte escala:

  • 1.000 euros se teñen de catro a nove acodes traballadoras
  • 2.000 euros de 10 a 20 e.3.000 euros de 21 a 25 persoas traballadoras.

OBRIGAS:

As persoas beneficiarias deberán manter a actividade económica e o emprego durante seis meses desde a data de publicación no DOG.

 

SEGUNDA LIÑA DE AXUDAS: HOSTALARÍA E OUTRAS ACTIVIDADES PECHADAS

  1. HOSTALARÍA: 

Inclúe axudas por un importe total de 12 millóns de euros para apoiar a hostaleiros cuxos negocios quedaron afectados os peches regulados na normativa sanitaria.

 

Quen se pode beneficiar?

Persoas afectadas por o peche conforme a normativa ditada polas autoridades sanitarias e que cumpran estes requisitos:

  • Domicilio fiscal en Galicia.
  • Estar afectados os supostos de peche do establecemento, ou no caso de hoteis, hostais, casas rurais e outros tipos de aloxamentos, polo peche perimetral.

 

Contía das axudas:

Determinarase en función da data de peche, ou no caso de hoteis, hostais, casas rurais e outros tipos de aloxamentos, pola data do peche perimetral:

  • Os establecementos pechados desde o 27 de xaneiro de 2021 percibirán unha axuda única de 1.900 euros. A mesma cantidade que hoteis, hostais, casas rurais…
  • Os pechados desde o 21 de xaneiro de 2021: 2.200 euros e os establecementos pechados, en virtude de dúas ou máis ordes, percibirán 2.700 euros. No caso dos establecementos con 10 traballadores ou máis se incrementará en 1.000 euros a cantidade sinalada en liñas anteriores.
  1. OUTRAS ACTIVIDADES PECHADAS.

Son axudas por importe de tres millóns de euros destinadas a apoiar outras actividades distintas ás anteriores, pero tamén pechadas pola normativa sanitaria como espazos infantís ou ximnasios.

Contía:

O importe da axuda por establecemento determínase en función da data do seu peche, da seguinte maneira:

  • Os establecementos pechados desde o 27 de xaneiro de 2021, axuda única de 1.900 euros.
  • Os establecementos pechados desde o 21 de xaneiro de 2021percibirán unha axuda única de 2.200 euros.
  • Os establecementos pechados, en virtude de dúas ou máis ordes, percibirán unha axuda única de 2.700 euros.
  • No caso dos establecementos que ocupen 10 persoas traballadoras ou máis de 10, incrementarase en 1.000 euros.

 

DÚBIDAS:

 Para resolver calquera dúbida sobre as axudas podes contactar connosco.

A Consellería de Emprego e Igualdade tamén ten activa a aplicación móbil (app) Gohu, a liña de teléfono 900 815 600 e a conta de correo electrónico hola@gohu.es para informar en todo momento das novidades. A app pódese descargar para teléfonos con iOS nesta ligazón e para Android nesta ligazón. Ambas as dúas están dispoñibles na páxina web de Gohu.

Categorías: Artigos.