Para que establecementos é obriga o código QR?

A persoa titular dun establecemento de hostelería está obrigada a ter o cógido QR que obterá na páxina web https://coronavirus.sergas.es/Contidos/Hostalaria-segura. Será obriga dende o 5 de marzo.

A través da aplicación da Xunta de Galicia Passcovid, os clientes poderán rexistrar a súa presencia no mesmo mediante a captura do código QR, o cal axudará a detectar posibles concentracións de contaxios con maior rapidez. Para aquelas persoas que non dispoñan da aplicación Passcovid, o local poderá dispoñer de QR personalizados para entregarlles aos usuarios e que permitan a súa rastrexabilidad no caso de detección de casos positivos.

Se tes algunha dúbida ao respecto, atendémoste a través do formulario do Igape Responde. 

Categorías: Coñecemento.