Estou preparado para afrontar os cambios no meu negocio? Pasos para redefinir a miña actividade

Son moitos os casos de empresas que durante a emerxencia sanitaria reconverteron a súa actividade para producir máscaras ou outros produtos sanitarios. E o fixeron coa axilidade que a situación esixía. Isto é un claro exemplo de adaptación para afrontar os cambios nunha contorna dinámica e adoptando solucións a curto prazo.

A resiliencia é a capacidade das persoas para superar unha situación como a que estamos a vivir, de afrontar a adversidade. Tamén é un momento no que pode producirse o contrario, unha parálise. A incerteza e a volatilidade dos mercados, poden levar a algunhas empresas a non ser capaces de acometer os cambios necesarios e anticiparse.

 

Seguir xerando ingresos é vital para calquera empresa

Que ocorre cando as fontes de ingresos se desestabilizan e ameazan coa viabilidade do negocio? É preciso definir accións que permitan recuperar a situación e mellorala. Sabes que pasos debe seguir a túa empresa se quere afrontar a situación e renovar o seu modelo de negocio?

Antes de comezar coñeces cal é o obxectivo que perseguir? Recuperar a facturación?  Reducir custos? Define o teu obxectivo!

 

O importante é crear valor para os clientes

 Paso nº 1: a proposta de valor da empresa no centro da estratexia. Que?

O primeiro que debes coñecer é a proposta de valor da túa empresa. Que a diferencia? Por que os consumidores estarán dispostos a elexir os teus produtos ou servizos? Paraches a analizar a problemática dende o punto de visto do cliente? Atopa o teu beneficio e sitúao no centro da túa estratexia de negocio. Esta é a clave para definir un modelo de negocio que funcione.  Como recoñecer unha proposta de valor? De seguro atopas empresas no mercado elixirías fronte aos seus competidores. Cal é o teu valor? Atópao.

 

Paso nº 2: Coñece de verdade aos clientes. A quen?

A túa proposta cumpre cos requisitos mínimos, ofrece o que lle gustaría aos teus clientes ou é capaz de sorprenderlles? Non só tes que atopar formas de adaptarte ás necesidades dos teus clientes, senón tamén comunicarte con eles. Atopa cales son os teus segmentos e profundiza, que pensan, escoitan, ven ou din. Traballa e mellora a túa relación con eles.

 

Paso nº3: Debes chegar ao mercado. Como?

Selecciona a través de que canais de distribución vai chegar a túa proposta de valor. Onde poderán atopar os teus clientes o teu produto ou servizo? Como coñecerán a súa existencia e a súa diferencia?

Resto de pasos: Pon a traballar a túa empresa!

Traduce o que, a quen e como, valorando os recursos que necesitas para alcanzalo, cales son as túas actividades clave para que todo funcione, e valora posibles socios, alianzas ou cooperacións que poidas levar a cabo para poñer en funcionamento o negocio que estás a deseñar ou redeseñar.  E non esquezas valorar e optimizar a túa estrutura de costes e formas de ingresos!

Para traballar a proposta de valor en todos os aspectos que involucran ao teu negocio podes empregar o Modelo Canvas ou Business Model Canvas. Esta ferramenta práctica e sinxela permíteche recoller a información do teu modelo de negocio nunha folla, a través de 9 apartados: proposta de valor, clientes, canles de distribución, fluxo de ingresos, recursos clave, actividades clave e custos.

 

Afaite a unha situación de cambio constante e dixitaliza o teu modelo de negocio

Aproveita as capacidades e recursos internos,  identifica novos segmentos de clientes, xera novas formas de ingresos, selecciona novas canles de venta ou distribuidores alternativos… E non esquezas, que a covid-19 provocou que todas as empresas estean orientando os seus modelos de negocio de xeito máis dixital para adaptarse.

 

Implementa unha medida de redefinición de negocio de Igape Responde

 Se queres asesoramento sobre como redefinir o teu modelo de negocio e xerar ingresos, cubre a solicitude web de Igape Responde no ámbito negocio e accede a ata 25 horas de asesoramento cun experto para implementar accións. Este é un servizo gratuíto para autónomos e pemes no marco do programa de axuda as empresas pola covid-19 da Xunta de Galicia.

Categorías: Artigos.