Escapar dos ciberataques, consellos para controlar a información da miña empresa

Os ataques de piratas informáticos creceron un 9 % no último ano, segundo as persoas expertas. Concretamente en España, durante 2022, rexistráronse case 120.000 ataques. Parte destas “agresións” consisten no roubo de datos sensibles, protexidos ou confidenciais.

Proba do aumento dos ciberdelitos é que cada vez son máis habituais as noticias sobre este tipo de ataques a diferentes organizacións, por exemplo, o que sufriu recentemente o Concello de Cangas (Pontevedra), que mesmo impediu realizar o pago das nóminas ao persoal.

Persoas expertas na materia afirman que estar seguros ao 100% é imposible; con todo si fan fincapé en que a importancia de que as empresas de menor tamaño deben concienciarse sobre este asunto, sobre todo porque son as que supoñen máis do 90 % do tecido empresarial de España.

Por iso, manter a ciberseguridade no teu posto de traballo é esencial para protexer a información e evitar o acceso aos sistemas da túa empresa.

 

Que boas prácticas me axudan a controlar a miña información?

Non hai dúbida: a información é o novo activo a protexer nos negocios. Por iso ofrecémosche varias boas prácticas para manter o control da información da túa empresa:

 

-Usar contrasinais seguros. É fundamental empregar contrasinais robustas, que incorporen letras, números, maiúsculas e tamén algún signo de puntuación.  Por outra banda, é aconsellable almacenar os contrasinais nunha aplicación que se dedique ao seu resgardo, á que se poida acceder no momento indicado e soamente o usuario. E foxe da función de autocompletar no navegador! En caso contrario, estarás aumentando a vulnerabilidade da empresa ante ataques de phising e páxinas fraudulentas. Por último, á hora de detectar un roubo de credenciais, é esencial actuar con rapidez, cambiar o contrasinal e denunciar a fraude.

-Manter actualizados os teus sistemas. O normal é que os fabricantes do software publiquen regularmente actualizacións dos seus programas. Comprobar que o sistema operativo e as aplicacións que se utilicen conten cos últimos parches de seguridade e, por suposto, que a base de datos do antivirus estea actualizada.

-Evitar facer click en ligazóns sospeitosas: non “pinches” sobre as ligazóns sospeitosas que cheguen a través de correos electrónicos, mensaxes instantáneas ou sitios web descoñecidos. Ten presente que unha organización ou empresa nunca solicita divulgación de información persoal confidencial, moito menos a través de canles inseguras, tales como correos electrónicos, mensaxes de texto etc… Se a mensaxe é importante, o remitente buscará comunicarse contigo a través doutros medios, como unha chamada telefónica ou mesmo unha visita persoal.

-Utilizar antivirus: instala software antivirus no teu computador e asegúrate de que se actualice automaticamente.

-Realizar copias de seguridade: esta práctica debe realizarse de forma periódica e programada, especialmente dos datos importantes. Ademais, as copias teñen que almacenarse nun lugar seguro.

-Utilizar unha VPN: é aconsellable facer uso dunha VPN (rede privada virtual) para acceder a Internet cando o fagas desde lugares públicos ou redes non seguras, desta forma, os teus datos estarán protexidos de de os piratas informáticos.

E… non descoides o teu dispositivo móbil! Os smartphones e portátiles son candidatos a ser obxecto de roubo ou perda. No caso do teléfono, ten presente que é unha auténtica computadora que contén gran cantidade de información sensible. Polo tanto, debes ter extrema precaución porque uns poucos segundos fronte a un móbil desbloqueado, poden ser suficientes para un intruso cibernético.

Con todo, a máxima fundamental é utilizar o sentido común. Se algo parece sospeitoso, como un correo electrónico ou unha mensaxe inhabitual, probablemente o sexa.

Categorías: Artigos.