Como emprego o meu perfil persoal de LinkedIn para conseguir novos clientes

Se buscas expandir a túa base de clientes e aumentar o alcance do teu negocio, non podes pasar por alto o potencial que ofrece LinkedIn. Esta plataforma, coñecida como a rede social dos profesionais, converteuse nun recurso esencial para establecer conexións comerciais. Neste artigo exploramos os puntos esenciais para converter o teu perfil persoal de LinkedIn nunha ferramenta para atraer novos clientes.

 

  1. Optimiza o teu perfil

Para atraer novos clientes a través do teu perfil persoal en LinkedIn, é esencial optimizalo para impresionar e destacar no mundo profesional. Os apartados clave a ter en conta son:

Foto de perfil e de portada profesionais. Estas imaxes son a túa carta de presentación virtual. Utiliza unha fotografía profesional na que aparezas recoñecible e con boa iluminación. Ademais, engade unha imaxe de portada que reflicta a túa industria, a túa marca persoal ou unha chamada á acción.

Titular efectivo.O titular aparece xunto ao teu nome e é clave para captar a atención. Utiliza un titular que vaia máis aló do teu cargo actual. Destaca as túas habilidades e como podes axudar aos teus clientes.

Extracto persuasivo. O extracto é a túa oportunidade para contar a túa historia e destacar os teus logros. Mostra a túa paixón polo que fas, como podes solucionar problemas e que valor achegas. Usa unha linguaxe directa e atractiva. É o espazo onde desenvolver a túa proposta de valor.

Activa o Modo Creador. Vaiche permitir compartir contido de maneira máis efectiva. Actívao e habilitarás novas funcionalidades, como o apartado Destacados ou o botón de Seguir no teu perfil que facilitará a creación dunha comunidade ao redor do teu contido.

Engade Destacados. Co Modo Creador activado poderás comezar a utilizar esta función que permite resaltar contido no teu perfil. Utiliza Destacados para ofrecer ligazóns externas ao teu blogue ou web, resaltar publicacións pasadas, mostrar exemplos do teu traballo, logros notables e proxectos relevantes que demostren a túa experiencia.

Experiencias laborais detalladas. Non te limites a enumerar os teus traballos pasados. Detalla as túas responsabilidades e logros en cada posto para mostrar como contribuíches ao éxito. Utiliza cifras e resultados tanxibles para apoiar as túas afirmacións.

Habilidades relevantes. Elixe habilidades que estean directamente relacionadas coa túa industria e servizos. Isto non só mostra os teus puntos fortes, senón que tamén che fai máis visible para procuras específicas.

 

  1. Optimiza as túas palabras chave

Do mesmo xeito que nun motor de busca, as palabras chave correctas poden facer que o teu perfil destaque. Investiga que termos son relevantes para a túa industria e asegúrate de incorporalos no teu perfil e contido.

 

  1. Comparte contido relevante

Compartir contido sobre o teu sector é a forma ideal de atraer contactos e seguidores ao teu perfil. Elixe o tema ou temas sobre os que queres posicionarte como experto e comeza a publicar con constancia. Reflexiona sobre a túa capacidade de publicación. Aínda que o ideal é publicar varias veces á semana, asegúrate de elixir unha frecuencia de posteo que che permita ser constante ao longo do tempo.

 

  1. Constrúe conexións de calidade

Non se trata só de cantidade, senón de calidade. Conecta con persoas que realmente poden beneficiarse dos teus servizos ou que están na túa rede de influencia. Personaliza as mensaxes de conexión para que sexan auténticas e relevantes para as persoas coas que conectas.

 

  1. Participa en grupos e con outros usuarios

Únecte a grupos e comunidades relevantes na túa industria. Participa activamente en discusións, responde preguntas e comparte os teus coñecementos. Isto non só che axydará a establecer a túa autoridade no teu ámbito, senón que tamén che porá en contacto con posibles clientes que buscan solucións e potenciais colaboradores.

 

LinkedIn non é só unha plataforma para buscar emprego, é unha ferramenta poderosa para xerar novas oportunidades comerciais. Aproveita o teu perfil persoal de LinkedIn como unha xanela á túa experiencia e coñecementos, e como un imán para atraer novos clientes.

Categorías: Artigos.