En 1942 o doutor Albert Einstein daba clases na universidade de Oxford e un día deulle un exame á súa clase sénior de estudantes de física. Ía camiñando polo campus co seu asistente, e nun momento dado o seu asistente díxolle:
−Doutor Einstein, o exame que lle acaba de dar á clase sénior de física, non é exactamente o mesmo que lle deu a exactamente a mesma clase o ano pasado?
−Ah, si, si, é exactamente o mesmo− respondeu Einstein.
−Pero doutor Einstein, como é posible que fixera iso?
−Ben, as respostas cambiaron.− dixo Einstein.
As respostas cambiaron. Noutras palabras. Se esa afirmación xa era certa en 1942 imaxinádevos o correcta que é no contexto actual.
Particularmente en produción, as preguntas seguen sendo as mesmas que en 1942, pero as respostas cambiaron de forma radical e é tal o radicalismo do cambio nas respostas que, claramente hoxe en día, a frase máis cara que se pode escoitar nunha organización ou a unha persoa é “sempre o fixemos así”.
De feito, a vantaxe competitiva máis importante no contexto turbulento de evolución extremadamente rápida actual é aprender máis rápido que a competencia, ser capaces de facer as cousas tódolos días un pouquiño distintas ao día anterior e para aprender máis rápido que a competencia necesitas mandos que deixen de actuar de policía antidisturbios e se dediquen a xestionar cadeas de valor perfectamente aliñadas deica diante e curvas de aprendizaxe da súa xente.
Nos anos de crecemento vertixinoso de Toyota, no seu ascenso vertixinoso converteuse no fabricante número 1 mundial de coches, cada vez que lle preguntaban se crecer a ese ritmo tan forte non era un problema para eles ao igual que acababa sendo un problema para calquera organización. A resposta de Toyota era sempre a mesma “crecer a un ritmo moi forte non é un problema, o problema xorde se o teu ritmo de crecemento é maior que o ritmo ao que es capaz de desenvolver e facer medrar á túa xente”.