Cambios aduaneiros na UE e como exportar a todo o mundo

As claves prácticas para exportar a todo o mundo nun modelo B2B e B2C, os novos modelos de distribución dixital internacional ou as oportunidades no e-commerce internacional.

Estes son algúns dos aspectos que se van a abordar este LUNS, 13 de marzo, nunha xornada presencial que se celebra na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, e na que colabora o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

Enriba da mesa tamén van estar cuestións como os recentes cambios aduaneiros na Unión Euroepa ou o mercado dixital chino. Todas elas son cuestións nas que van afondar persoas expertas na materia.

Atopas máis detalles da xornada nesta LIGAZÓN. E no caso de que desexes asistir, debes cubrir o formulario. 

 

Categorías: Artigos.