Axudas de ata 16.000 pola contratación de persoal

Se queres reforzar o teu equipo podes acollerte ao Plan Galicia Emprega, un programa de incentivos á contratación e á formación deseñado pola Xunta para favorecer a inserción no mercado laboral de persoas con máis dificultades para atopar un traballo. Estas son as súas características e condicións.

 

Quen concede as subvencións?

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.

Cal é a súa finalidade?

Paliar os prexuízos derivados dos efectos da pandemia provocada pola Covid-19 sobre o mercado de traballo, agravados pola invasión rusa a Ucraína.

 Plazo de solicitude

Desde 01/02/2023 ata o 29/09/2023

Quen pode beneficiarse?

Empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestar servizos en centros de traballo radicados en Galicia, de acordo con os requisitos e condicións que se establecen nesta orde.

As empresas que teñan 50 ou máis persoas traballadoras deberán cumprir a cota de reserva para persoas con discapacidade.

 

Requisitos:

Estar ao corrente do cumprimento das obrigacións tributarias ou fronte á Seguridades Social e non ter pendente de pago algunha outra débeda coa Administración pública da comunidade autónoma nos termos regulamentariamente establecidos.

 Excepcións:

 Exclúense as contratacións realizadas con persoas traballadoras que nos seis meses anteriores á data da contratación prestasen servizos na mesma empresa ou grupo de empresas mediante un contrato laboral de carácter indefinido, ou que nos tres meses anteriores prestasen servizos a través dun contrato temporal.

Investimentos e gastos subvencionables:

a) A contratación indefinida inicial de persoas desempregadas. Os contratos deben ser a xornada completa (salvo discapacidade e risco de exclusión social, que a xornada mínima é do de 50%).
b) O incremento de xornada das contratacións indefinidas, de tempo parcial a tempo completo, ata alcanzar o 100% da xornada ordinaria.
c) O incremento da duración anual dos contratos fixos-descontinuos a un mínimo de 9 meses a xornada completa.

d) Adaptación de postos de traballo de persoas con discapacidade.

 

Contía de axúdalas Incentivos á contratación indefinida:

Menores de 30 anos: 6.000 euros.

Persoa parada de longa duración: 10.000 euros.

Persoa de 55 anos ou máis: 10.000 euros.

Persoa emigrante retornada ou persoa estranxeira: 10.000 euros.

Muller: 14.000 euros.

Persoa con discapacidade ou en risco ou situación de exclusión social: 16.000 euros.

Estes incentivos pódense incrementar un 25% se o centro de traballo está nun concello rural, se a persoa contratada é muller, maior de 45 anos, trans ou o posto de traballo é nun oficio onde a muller está subrepresentada.

Incentivos ao incremento de xornada: 2.000 euros.

Incentivos ao incremento de duración anual de fixos descontinuos: 4.000 euros.

 

 

Categorías: Artigos.