Como impido que usen o nome da miña empresa? Protexer a miña marca

Que se pode facer para protexer o nome dunha empresa? Pois algo tan simple como rexistralo.

As estatísticas din que as pequenas e medianas empresas (pemes) que sufrisen unha vulneración dos seus dereitos de propiedade intelectual teñen un 34% menos de posibilidades de sobrevivir. É unha das conclusións do estudo Riscos do comercio ilícito de falsificacións para as pequenas e medianas empresas elaborado pola EUIPO a través do Observatorio Europeo das Vulneracións dos Dereitos de Propiedade Intelectual, e a Organización de Cooperación e Desenvolvemento Económicos (OCDE).

O termo propiedade intelectual refírese a todo tipo de produtos que teñen que ver co intelecto, desde obras de arte ata unha novela, pero non se limita a este tipo de creacións: un programa informático ou unha marca, o nome dunha tenda, tamén son propiedade intelectual. E é aquí onde as pemes son máis débiles. Non se blindan ante posibles ameazas e, na maioría dos casos, sucede porque lles falta información. Que debo ter conta?

– Rexistrar unha marca é obrigatorio?

Non, pero é a maneira de protexela.

Se unha entidade, empresa ou organización usou unha marca durante 20, 30 ou 40 anos sen rexistrala podería perdela se outra decide facelo. Polo tanto, aínda que o rexistro non é obrigatorio, é a única forma de protección.

– E se non a rexistro?

Hai dúas consecuencias principais: non poderás impedir que outros utilicen a túa marca e, por outro, calquera que a rexistre poderá impedir que a utilices.

– Cales son as vías para protexer unha marca e canto se tarda no proceso?

As marcas deben protexerse ante as administracións dos países nos que van ser utilizadas. No caso de España o organismo competente é a Oficina Española de Patentes e Marcas, a OEPM, e na Unión Europea, a Oficina da Propiedade Intelectual da Unión Europea (EUIPO). Respecto ao tempo, en España oscila entre os catro e seis meses, pero a clave é a data de solicitude. Nese momento nace o dereito sobre a marca.

– Hai ferramentas legais para impedir o plaxio?

Internet e as redes sociais son unha nova canle de explotación de marcas e tamén novas canles de infracción. Facebook, Amazon, Google… contan con procedementos propios de defensa e protección que son bastante efectivos e que teñen como principal requisito a existencia dunha marca rexistrada.

– É caro protexer as marcas?

En absoluto. O custo de protección dunha marca durante 10 anos, contando cos honorarios dun profesional, está entre 400 ou 600 euros, o que supón 40 ou 60 euros ao ano. Dado que o rexistro é a única maneira de protexer unha marca e que a marca é un dos seus activos máis importantes dunha empresa, non parece que a protección supoña un custo demasiado elevado.

Categorías: Artigos.