Autónomos fronte á covid-19: xa podes pedir as novas axudas da Xunta para autónomos e microempresas de 1.200 e 2.000 euros. Prazos e requisitos

A Consellería de Emprego acaba de publicar unha nova liña de axudas dirixida a persoas traballadoras autónomas. O programa, publicado no DOG do mércores, 18 de novembro, forma parte do Plan de rescate para persoas traballadoras autónomas e microempresas da Xunta e o seu obxectivo é apoiar a colectivos moi afectados pola crise económica derivada da pandemia. A contía de cada axuda será de 1.200 euros e de 2.000 euros para os autónomos de sectores ou actividades especialmente paralizadas pola Covid-19. En total, a Xunta destina a este primeiro programa un total de 30 millóns de euros. Estas son as principais características.

 

Quen poden beneficiarse?

Autónomos con e sen persoal contratado ao seu cargo.

Prazo e condicións:

As personas interesadas poderán solicitar os apoios ata o 18 de decembro. Entre os requisitos que deben cumprir destacan os seguintes:

  • Ter domicilio fiscal en Galicia.
  • Estar dado de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou Réxime do Mar como traballadores por conta propia, incluidas as personas autónomas societarias.
  • Estar ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
  • Ter recoñecido o cese ordinario ou extraordinario de actividade regulado no Real Decreto Lei 30/2020, de 29 de setembro, de medidas sociais en defensa do emprego.

Así, os autónomos que cumpran con estes requisitos e que pertenzan a calquera tipo de actividade económica poderán optar a un apoio de 1.200 euros.

Sen embargo, esta cuantía incrementarase ata os 2.000 euros para os autónomos de sectores ou actividades económicas especialmente paralizadas pola crisis sanitaria, a mayoría relacionadas con:

  • Ocio nocturno.
  • Actividades que se desenvolvan en atracciones de feria.
  • Transporte de pasaxeiros por vías navegables interiores.
  • Provisión de comidas preparadas para eventos.
  • Actividades de exhibición cinematográfica.
  • Axencias de viaxes.
  • Operadores turísticos.
  • Organización de convención e feiras de mostras.
  • Artes escénicas e actividades auxiliares.
  • Xestión de salas de espectáculos.
  • Actividades dos parques de atraccions e temáticos, recreativas e de entretemento.

 

Os beneficiarios da axuda terán que comprometerse a manter a actividade económica de alta durante dous meses a contar desde a data de publicación da orde de axudas. A tramitación será áxil e sinxela por medio dunha declaración responsable por parte do solicitante para evitar moito papeleo.

 

Presentación e forma de pago:

Segundo establece a Xunta no DOG, todas as solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través dun formulario dispoñible como anexo I na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal.)

Ademáis, para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365.

O Plan de rescate para persoas traballadoras autónomas e microempresas da Xunta inclúe outras dúas axudas pendentes de publicación:

unha liña para microempresas e autónomos con persoal a cargo

– outra específica para o sector da hostalería afectado polo peche decretado pola Xunta e que serán publicadas nos próximos días no DOG.

Todas estas axudas serán compatibles entre sí.

 

Categorías: Artigos.