O 2 de xaneiro abre o prazo para solicitar as axudas ás startups e estará aberto ata o 30 de setembro. O importe máximo da axuda pode chegar ata os 20.000 euros.
Para optar a estes apoios, é preciso que transcorresen menos de 5 anos dende a inscripción no Rexistro Mercantil, ou ata 7 no caso de que se trate de empresas de biotecnoloxía, enerxía e industriais.
Eu podo recibila? Si, se polo menos, cumpres cunha destas condicións:
-Participaches nalgunha destas aceleradoras: Viagalicia, BFAuto, BFAero, BFFood, Turislab e Galicia Avanza.
-Tes a cualificación de Iniciativa de Emprego de Base Tecnolóxica da Xunta (EIBT).
– Acreditas cun certificado do centro o carácter de Spin-off das Universidades, dos centros de FP ou de centros tecnolóxicos.
– A túa startup está inscrita no Rexistro de Pemes Innovadoras do Ministerio de Ciencia e Innovación.
– Posúes a certificación EA 0047:2015 de peme innovadora ou EA 0043:2015 de xove empresa innovadora.
– Tes a marca EIBT de empresa innovadora de base tecnolóxica da Asociación Nacional de Centros Europeos de Empresas e Innovación (ANCES).
– Contas coa certificación de ENISA prevista na Lei 28/2022.