Adeus ás tarefas duplicadas e menos custos, motivos para para dixitalizar a miña empresa

As empresas que invisten en dixitalización obteñen mellores resultados en vendas que aquelas que non o fan; e é que o impulso tecnolóxico permite aos pequenos negocios adaptarse aos cambios nos hábitos de compra, ampliar o alcance e tamén mellorar a experiencia das persoas que optan polos nosos produtos ou servizos.

Os expertos advirten que a tendencia cara á venda híbrida vaise manter, isto tradúcese nunha combinación da experiencia de compra en liña e en tenda física. Polo tanto, as empresas que saiban adaptarse a estes cambios terán máis éxito no mercado.

Pero cales son as vantaxes que ofrece dixitalizar o meu negocio? A transformación dixital é imparable e da súa man chegan varios beneficios:

 

Pon fin ás esperas dos clientes

Contar cunha páxina web ou unha aplicación facilita o día a día dos negocios nos que é necesario reservar unha cita, por exemplo, os salóns de peiteado. Se os nosos clientes poden ver nunha imaxe cal é a nosa dispoñibilidade, terán a capacidade de decidir que oco lles vai mellor sen a presión de ter que decidir rápido.

Por outra banda, vas liberar ás túas persoas empregadas de atender chamadas que adoitan alongarse. Ademais, se tes un negocio de restauración, o feito de contar con carta dixital evita que os camareiros dediquen tempos aos desprazamentos para ir buscar estes menús.

 

Acaba coa duplicidade das tarefas

Existen solucións dixitais que permiten unificar a xestión da túa tenda física e en liña, deste xeito, consegues terminar co posible caos que xera o feito de xestionalas por separado. Unha destas solucións é Glop, na que todo se controla desde unha única ferramenta.

Por tanto, se tes que realizar un cambio no teu catálogo, este reflectirase automaticamente tanto no teu TPV físico como na túa tenda en liña. E o mesmo pasa se o teu negocio pertence á restauración, tendas de alimentación ou supermercados. Podes sincronizar os teus pedidos en liña cos teus pedidos físicos para poder telo todo controlado desde un mesmo panel e sabendo en todo momento o teu stock real.

 

Poderás adoptar as decisións en base aos datos

A dixitalización posibilita adoptar decisións máis conscientes sobre o teu negocio. Por exemplo, as solucións dixitais permiten dispoñer de informes sobre os momentos de maior afluencia, os produtos ou pratos máis demandados, funcionamento das promocións, etc…

Todo iso achega unha información valiosa que podes utilizar, por exemplo, para promocionar aqueles artigos que teñen menos saída. Mesmo se tes un restaurante e ves que tes un produto que debe ser consumido en breve, podes crear unha promoción especial para evitar tiralo; anima aos teus clientes a que se decidan por ese prato!

 

Aforrarás custos

Non só optimizando os teus procesos e evitando a duplicidade de tarefas; tamén evitando comisións de terceiros. Por exemplo, podes optar por formas de pago propias, como Glop Pay, que che permite prescindir de datáfonos suxeitos a tarifas bancarias. Tamén podes dispoñer da túa plataforma de pedidos en liña, sincronizada co teu negocio físico, e independente de intermediarios como Just Eat ou Glovo.

E ademais, se contas con repartidores propios, poderás xestionar os roteiros e facer un seguimento ao detalle de cada pedido.

 

En definitiva, a transformación dixital permite ás empresas mellorar as decisións de xestión, aumenta a competitividade e a rendibilidade dos procesos. Coa implantación de novas ferramentas tecnolóxicas, os negocios son máis efectivos e poden facer máis tarefas en menos tempo polo tanto os beneficios son inmediatos!

 

Categorías: Artigos.