Axudas para a promoción no exterior, startups e prestámos para investimentos produtivos

O teu negocio está a tempo de solicitar as axudas que ten en marcha o Igape – Instituto Galego de Promoción Económica.

No caso de que busques realizar accións de promoción no exterior, ata o MARTES, 19 de marzo, está aberto o prazo do  Galicia Exporta Empresas.  Son os últimos días para solicitar as axudas deste programa que, entre outros aspectos, ofrece apoios ás empresas para o deseño de catálogos ou a participación en feiras.

Hai outras axudas ás que pode optar o teu negocio:

Ademais, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe bases reguladoras das axudas Foexga (fomento das exportacións galegas), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión.

En todo caso, para estar ao día de todas as axudas e dos prazos, convidámoste a seguir o noso perfil no LinkedIn. 

Categorías: Artigos.